Preinscrición e matrícula presencial

Preinscrición

PREINSCRICIÓN CURSO 2023/24

Prazo: Do 26 de xuño ao 9 de xullo.

Farase en liña no seguinte enlace: https://www.eoidigital.com/preinsxunta . Non é necesario presentar ningunha documentación para preinscribirse. Para iniciar o proceso debes pulsar na parte superior esquerda (debaixo do escudo da Xunta) onde pon DAR DE ALTA. Importante! Non olvides o contrasinal que vas a crear, pois será necesario máis adiante.

A partir do día 11 de xullo poderás consultar, entrando co contrasinal que creaches para realizar a preinscrición, na aplicación web de preinscrición ( https://www.eoidigital.com/preinsxunta ) se estás admitido. De ser así, terás dispoñible, dentro do prazo de matrícula, nesa páxina un acceso directo á aplicación de matrícula (esta é a forma que lle recomendamos ao alumnado preinscrito para acceder ao enlace de matrícula).

Deberá facer preinscrición para poder matricularse o seguinte alumnado:

  • Alumnado que empeza no primeiro curso de nivel básico.
  • As persoas procedentes da proba de clasificación.
  • As persoas que solicitan acceso directo por titulación.
  • As persoas que se incorporan á ensinanza presencial tras superar as probas de certificación polo réxime libre.
  • As persoas procedentes de traslado de expediente.
  • Antigo alumnado que non estivera matriculado no curso 2022/23 polo réxime oficial, ou renunciase de forma oficial á súa matrícula.

Se xa cursaches estudios do idioma no que te preinscribes en algunha escola oficial de idiomas no curso 2017/18 ou anteriores, consulta as seguintes táboas para saber en que curso debes preinscribirte.

Instrucións para realizar a preinscrición en liña.

Matrícula

MATRÍCULA CURSO 2023/24

Información IMPORTANTE ao alumnado:

  • A posta en marcha do grupo da súa elección dependerá do número mínimo de persoas inscritas que o xustifique.
  • As datas de realización das probas finais poderán ter lugar en días e horas diferentes aos horarios ordinarios das clases do curso no que se matrícula. Igualmente, na convocatoria extraordinaria poderán coincidir as probas de distintos idiomas na mesma data e hora.

PRAZOS DE MATRÍCULA

  • Alumnado desta escola apto na convocatoria ordinaria e que continúe estudos. Do 19 ao 30 de xuño. Non tes que facer preinscrición se continúas cos estudos realizados no curso 2022/23. Enlace para matricularte (coas credenciais do teu CentrosNet).
  • Alumnado desta escola convocado para a convocatoria extraordinaria e que continúe estudos. Do 3 ao 7 de xullo. Non tes que facer preinscrición se continúas cos estudos realizados no curso 2022/23. Enlace para matricularte (coas credenciais do teu CentrosNet).
  • Alumnado preinscrito. Do día 17 ata as 12:00 horas do 21 de xullo.

A partir do día 11 de xullo poderás consultar, entrando co contrasinal que creaches para realizar a preinscrición, na aplicación web de preinscrición ( https://www.eoidigital.com/preinsxunta ) se estás admitido. De ser así, terás dispoñible, dentro do prazo de matrícula, nesa páxina un acceso directo á aplicación de matrícula (esta é a forma que lle recomendamos ao alumnado preinscrito para acceder ao enlace de matrícula). 

Prazo extraordinario de vacantes. Unha vez finalizado o proceso de matrícula ofreceranse as prazas que queden vacantes.

- Do 1 ao 8 de setembro. A través da aplicación web de matrícula.

¿COMO SEI QUE A MIÑA MATRÍCULA FOI TRAMITADA POLA ESCOLA?

Dende a secretaría da escola enviaremos un correo electrónico con asunto "Confirmación matrícula", á dirección que indicaches nos datos de matrícula, informándoche se a túa matrícula foi formalizada.

 

Documentación necesaria.

Taxas a pagar.

Oferta educativa.

Instrucións para realizar a matrícula en liña.

Distribuir contido