Taxas de matrícula presencial

Curso 2023/24

TAXAS PARA A MATRÍCULA OFICIAL. CURSO 2023/24

 

Ordinaria

Persoal  funcionario docente da consellería de educación

Familia numerosa

categoría    xeral  

Familia numerosa

categoría especial

Vítimas de violencia de xénero, e os seus fillos

Minusvalía

igual ou superior ao 33%

Alumnado novo

non ten expediente aberto en ningunha EOI de Galicia.

127 €

35 €

63,50 €

0 €

0 €

0 €

Alumnado antigo

ten expediente aberto en calquera EOI de Galicia.

105 €

13 €

52,50  €

0 €

0 €

0 €

O alumnado novo que fraccione o pago da matrícula pagará no momento da matrícula 81€, e no mes de febreiro 46€. 

O alumnado antigo que fraccione  o pago da matrícula pagará no momento da matrícula 59€, e no mes de febreiro 46€. 

Ao fraccionar o pago tes que presentar xunto coa matrícula un certificado bancario onde conste o IBAN e que es titular da conta.

 

TAXAS PARA A MATRÍCULA POR COMPETENCIAS LINGÜÍSTICAS. 60 horas de duración. CURSO 2023/24

- Alumnado que non ten aberto expediente en ningunha escola oficial de idiomas de Galicia: 125 euros.

- Alumnado que ten aberto expediente en calquera escola oficial de idiomas de Galicia: 103 euros.

- Se tes dereito a algún desconto ou exención nos prezos da matrícula terás que acreditalo documentalmente. Pincha aquí para ver os posibles descontos no prezo da matrícula.

 

CÓDIGOS PARA A MATRÍCULA NA EOI DE VIVEIRO:

  • Consellería: 07
  • Servizo: 03
  • Delegación: 20 (NON POÑER NUNCA CELEIRO)
  • Taxa: 350800

 O pagamento poderase realizar de dúas maneiras:

  1. Telemático: O pagamento poderase realizar a través de internet; preme neste enlace para seguir as instrucións resumidas pola escola. Unha vez pagado, primeiro poderás descargar o teu xustificante persoal de pago (non é necesario). Debes premer no botón continuar e descargarás o MODELO 730, que é  que debes presentar.
  2. Presencial: Recollendo o impreso na secretaría da escola (modelo E) ou xerando e descargando o modelo AI de autoliquidación de taxas (enlace) e pagando na entidade bancaria.

Bolsas de estudos "Becas"

O alumnado que solicite bolsa de estudos para a matrícula oficial (hai que marcar esa opción cando se fai a matrícula por internet, na opción tipo de taxa) non pagará taxas ata que se resolva a súa solicitude e só no caso de que esta fose denegada.

Non se concederá bolsa de estudos ao alumnado que estea repetindo curso.

As bolsas non dependen da escola, tramítanse a través da páxina do ministerio de educación neste enlace. O prazo de solicitude para o curso 2024/25 remata o 10 de maio de 2024. Enlace á convocatoria no BOE.

No caso de ter concedida a bolsa de estudos a e abandonar, ou non aprobar o curso, terase que devolver o importe recibido.

Distribuir contido