Ensinanzas

Cursos ordinarios

As ensinanzas da Escola Oficial de Idiomas de Viveiro Luz Pozo Garza están estruturadas segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) da seguinte maneira, para os catro idiomas que se imparten; alemán, francés, inglés (tamén na sección de Burela) e italiano:

  • Nivel A1 do MCERL.
  • Nivel A2 do MCERL.
  • Nivel B1 do MCERL.
  • Nivel B2 do MCERL.
  • Nivel C1 do MCERL.
  • Nivel C2 do MCERL (no curso 2023/24, unicamente para o alumnado presencial de inglés).

 As modalidades de estudo que o alumnado pode seguir son:

- Oficial presencial: Permítelle o alumnado a asistencia a clase durante o curso académico (de setembro a xuño) cunha duración de 120 horas (4 horas á semana). Tes dereito á realización das probas de final de curso: probas de promoción, ou probas de certificación de nivel.

- Libre: Enténdese por alumnado libre aquel que se matricula na escola só para realizar as probas de certificación de nivel  e obter o título correspondente.

Cursos de competencias lingüísticas (orais)

Os cursos de competencias lingüísticas están adicados a reforzar determinadas destrezas comunicativas, neste caso, as destrezas orais da lingua inglesa. Ademais, están divididos en diferentes niveis (de B1 a C2) para axustarse ás diferentes necesidades do alumnado. 

Na sección de Burela ofértanse dous niveis (B1 e B2) e na EOI de Viveiro ofértanse catro niveis (B1, B2, C1 e C2). En todos os casos son cursos de 60 horas de duración e impártense nunha única sesión semanal de dúas horas.

Deberás acreditar o nivel inferior para poder matricularte. Se cursaches inglés como primeiro idioma, o título da ESO dáche acceso ao B1 e o actual título de bacharelato dáche acceso ao B1 ou a B2.1 (podes escoller).

Para matricularte nestes cursos, debes cubrir o impreso de matrícula e entregalo, xunto co resgardo de ter pagado as taxas e, de ser necesario, o resto da documentación. Podes descargar o impreso nos seguintes enlaces:

A presentación da documentación para a formalización da matrícula na secretaría farase telematicamente, no enderezo web matriculaeoiviveiro@gmail.com . Este é o único correo válido para presentar a documentación de matrícula por competencias na escola, e non é válido para realizar ningún outro trámite,  como preguntas xerais sobre prazos e trámites de matrícula. No caso de non poder realizala por este medio, poderás presentala fisicamente na secretaría da escola en Celeiro.

O prazo para matricularse nestes cursos de competencias lingüísticas é do 17 ao 21 de xullo de 2023

Pincha aquí para ver o que di a RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional, que regula o proceso de preinscrición, admisión e matrícula.

Ensinanza a distancia

- PROGRAMA THAT'S ENGLISH!: Seguindo o programa That's English! o alumnado matriculado neste tipo de ensinanza ten dereito a asistir a unha titoría semanal no centro de hora e media. Ten dereito a realización dos exames para superar os módulos nos que se estrutura este tipo de ensinanza. O alumnado do programa That's English! que desexe ter os certificados de nivel A2, B1, B2 e C1 deberá realizar estas probas xunto co alumnado presencial.

Distribuir contido