Información xeral do programa That's English!

- Páxina oficial do programa That's English!

- O alumnado que segue o programa That's English! na Escola Oficial de Idiomas de Viveiro Luz Pozo Garza pertence á Escola Oficial de Idiomas de Lugo, pincha aquí para ver o enlace á súa páxina.

 

MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25

PRAZO DE MATRÍCULA:

  • Alumnado matriculado nesta modalidade no curso 2023/24 que desexe continuar os seus estudos no curso 2024/25: Do 28 de xuño ao 12 de xullo de 2024.
  • Resto do alumnado: Do 2 de setembro ao 31 de outubro de 2024.

- A inscrición realizarase por vía telemática a través da páxina web www.thatsenglish.com.

- O alumnado que se matricule por primeira vez nun curso deberá aboar a cantidade de 200€, salvo as reducións de prezo contempladas nos apartados 4.5 da Instrución 2/2024.

- Recomendamos que leas a Instrución 2/2024, que regula o programa That's English! para o curso 2024/25.

- Poderá acceder ao curso que corresponda dos niveis A2, B1, B2 ou C1 quen acredite o dominio das competencias mediante a proba VIA (Valoración inicial do alumnado). Esta proba vai dirixida a aquelas persoas que, tendo coñecementos previos de inglés (e non poidan demostralos mediante titulación), desexen acceder a un curso distinto de primeiro de nivel básico e desenvolverase de acordo co punto 3 da Instrución 2/2024.

Calendario de exames e avaliacións. Curso 2024/25.

 

PROBAS DE CERTIFICACIÓN.

- Ao remate dos módulos A2.4, B1.2, B2.4 e C1.2, o alumnado poderá superar as probas terminais de certificación dos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1, respectivamente. Estas probas son unificadas para todo o alumnado, independentemente da modalidade, nos niveis B2 e C1; para os niveis A2 e B1, con carácter xeral serán unificadas nos departamentos didácticos da cada EOI.

- O alumnado do programa That's English! non terá que aboar prezos públicos polo acceso ás probas de certificación correspondentes ao nivel en que estea matriculado.