Bolsas de estudos "Becas"

O alumnado que solicite bolsa de estudos para a matrícula oficial (hai que marcar esa opción cando se fai a matrícula por internet, na opción tipo de taxa) non pagará taxas ata que se resolva a súa solicitude e só no caso de que esta fose denegada.

Non se concederá bolsa de estudos ao alumnado que estea repetindo curso.

As bolsas non dependen da escola, tramítanse a través da páxina do ministerio de educación neste enlace. O prazo de solicitude para o curso 2024/25 remata o 10 de maio de 2024. Enlace á convocatoria no BOE.

No caso de ter concedida a bolsa de estudos a e abandonar, ou non aprobar o curso, terase que devolver o importe recibido.