PREINSCRICIÓN CURSO 2023/24
Prazo: Do 26 de xuño ao 9 de xullo.
Farase en liña no seguinte enlace: https://www.eoidigital.com/preinsxunta . Non é necesario presentar ningunha documentación para preinscribirse. Para iniciar o proceso debes pulsar na parte superior esquerda (debaixo do escudo da Xunta) onde pon DAR DE ALTA. Importante! Non olvides o contrasinal que vas a crear, pois será necesario máis adiante.
A partir do día 11 de xullo poderás consultar, entrando co contrasinal que creaches para realizar a preinscrición, na aplicación web de preinscrición ( https://www.eoidigital.com/preinsxunta ) se estás admitido. De ser así, terás dispoñible, dentro do prazo de matrícula, nesa páxina un acceso directo á aplicación de matrícula (esta é a forma que lle recomendamos ao alumnado preinscrito para acceder ao enlace de matrícula).
Deberá facer preinscrición para poder matricularse o seguinte alumnado:
Se xa cursaches estudios do idioma no que te preinscribes en algunha escola oficial de idiomas no curso 2017/18 ou anteriores, consulta as seguintes táboas para saber en que curso debes preinscribirte.
MATRÍCULA CURSO 2023/24
Información IMPORTANTE ao alumnado:
PRAZOS DE MATRÍCULA
A partir do día 11 de xullo poderás consultar, entrando co contrasinal que creaches para realizar a preinscrición, na aplicación web de preinscrición ( https://www.eoidigital.com/preinsxunta ) se estás admitido. De ser así, terás dispoñible, dentro do prazo de matrícula, nesa páxina un acceso directo á aplicación de matrícula (esta é a forma que lle recomendamos ao alumnado preinscrito para acceder ao enlace de matrícula).
Prazo extraordinario de vacantes. Unha vez finalizado o proceso de matrícula ofreceranse as prazas que queden vacantes.
- Do 1 ao 8 de setembro. A través da aplicación web de matrícula.
¿COMO SEI QUE A MIÑA MATRÍCULA FOI TRAMITADA POLA ESCOLA?
Dende a secretaría da escola enviaremos un correo electrónico con asunto "Confirmación matrícula", á dirección que indicaches nos datos de matrícula, informándoche se a túa matrícula foi formalizada.