Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Blogues

Plan Proxecta 2021/22. Correspondentes xuvenís

Síguenos nas redes sociais:

      


    

Solicitamos participar por vez primeira no programa Correspondentes xuvenís, cuxos obxectivos son:

-Desenvolvemento da iniciativa e do espíritu emprendedor, moi importante no noso alumnado de idades moi variadas e cunha orientación maioritaria cara ao mundo laboral.

-Fomento da participación do alumnado e do voluntariado.

-Habilidades comunicativas: atopar, seleccionar e crear información.

-Desenvolvemento do pensamento crítico, ser quen de seleccionar para os seus compañeiros e compañeiras a información máis relevante.

-Habilidade para traballar en equipo e para a resolución de conflictos e a mediación.

-Dinamización de centro escolar, crear unha rede de comunicación efectiva co alumnado presente, pasado que ao tempo serva como presentación para futuro alumnado.

-Mellora do clima do centro, a través da interconexión de rapaces pertencentes a diferentes niveis educativos e diferentes modalidades de ensinanza: distancia, semipresencial, adultos, alfabetización e do profesorado.

Para máis información e beneficios do programa, descarga este pdf: Correspondentes xuvenís

 

Obradoiro sobre escritura medieval

O Xoves 28 de Outubro, o alumnado de terceiro de ESA da quenda de mañá participou nun obradoiro de escritura medieval organizado pola súa profesora de Lingua Castelá e que se levou a cabo nas novas instalacións da biblioteca no segundo andar da nosa escola.

                                  

 

Alumnas e alumnos desfrutaron moito das actividades prácticas do taller que se prolongaron durante caseque dúas horas.

 

                                  

 

Saída didáctica do alumnado de 4º ESA

O pasado 27 de Outubro, o alumnado de 4º da ESA da quenda de mañá visitou varios lugares de interese da cidade acompañados das profesoras dos departamentos de Ciencias Sociais, Lingua Castelá e Lingua Galega; ademáis, contaron coas explicacións de Marcos Pardos, guía da parte histórica.

                                                                                           

 

O obxectivo era conmemorar o día das bibliotecas e, para elo, fíxose un percorrido guiado polos monumentos da cidade obra do arquitecto modernista Daniel Vázquez-Gulías, que deixou unha fonda pegada en Ourense. Tamén se visitou a biblioteca pública "Nós" así como o claustro e o cemiterio de San Francisco no que están soterradas figuras ilustres das nosas letras com Otero Pedrayo ou Blanco Amor.

 

                                          

 

Día das Letras Galegas 2021. Entrevistas imposibles Radio EPAPU con Xela Arias

Entrevista a Xela Arias, por Begoña Acevedo.

 

Día das Letras Galegas 2021. Homenaxe a Xela Arias, alumnado da ESA e ESAD

 

 

Xela Arias por 4º ESA Noite da Epapu de Ourense

 

Os maios na EPAPU de Ourense

 

 

Preme na imaxe para coñecer os Maios creados polo noso alumnado

 

Máscaras por Rosalía 24 de Febreiro

 

Concurso solidario postais de Nadal

Iniciativa solidaria dos alumnos da Epa, coa colaboración do IES do Couto e da Farixa, na que realizaron postais de Nadal para enviar aos centros de maiores e residencias para felicitar o Nadal a todas as persoas que o teñen que pasar afastadas da súa familia pola crise da Covid 19.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut