Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

ESA

Ensinanza Secundaria Presencial

1.- Información xeral

2.- Validez académica

3.- Estrutura

4.- Matrícula

5.- Validacións e equivalencias

6.- Avaliación

7.- Horarios

 

1.- Información xeral:

Estas ensinanzas son equivalentes ás ensinanzas obrigatorias de Educación Secundaria Obrigatoria en réxime ordinario (ESO).

Son ensinanzas voluntarias e gratuítas (só hai que mercar algún material didáctico, se así o considerase o profesorado do ámbito).

As clases son diarias e obrigatorias e a avaliación continua.

No centro establécense tres quendas (mañá, tarde e noite) para dar resposta ás necesidades horarias do alumnado (ver Alumnado Horarios).

[subir]

2.- Validez académica:

Ao remate destas ensinanzas, expedirase o título de Graduado en Educación Secundaria a todas aquelas persoas que acaden os obxectivos xerais establecidos.

Esta titulación permite seguir a estudar en:

  • Ciclos formativos de grao medio.
  • Bacharelato LOXSE.
  • Acceso á universidade par maiores de 25 anos.
  • Ou acceder ao mundo laboral.

Cando non se rematen os estudos correspondentes á Educación Secundaria Obrigatoria, a dirección do centro emitirá unha acreditación onde consten os niveis e módulos cursados así como a cualificación obtida.

[subir]

3.- Estrutura:

Na Educación Secundaria de Adultos, o ano académico divídese en dous cuadrimestres:

  • 1º cuadrimestre: da última semana de setembro á primeira semana de febreiro.
  • 2º cuadrimestre: da segunda semana de febreiro á última semana de xuño.

Estrutúrase en 4 módulos: Módulo 1, 2, 3 e 4. No primeiro cuadrimestre ofértanse os módulos 1, 3 e 4, e no segundo cuadrimestre os módulos 2, 3 e 4.

Os contidos están adaptados ás necesidades e interese das persoas adultas e agrúpanse en ámbitos. Cada módulo consta dos seguintes ámbitos:

  • Científico-tecnolóxico.
  • Comunicación
  • Sociedade.

Ao ser unha modalidade presencial, os materiais empregados serán os que indique o profesorado de cada ámbito.

[subir]

4.- Matrícula:

Con caracter xeral, poden matricularse nas ensinanzas de adultos as persoas maiores de 18 anos ou que os cumpran ata o 31 de decembro do ano vixente.

Na educación secundaria, o alumnado que solicite matricularse no primeiro cuadrimestre do curso académico, debe ter cumpridos 18 anos ou cumprilos ata o 31 de decembro. No segundo cuadrimestre deste mesmo curso para matricularse na educación de persoas adultas é necesario ter cumpridos 18 anos ou cumprilos ata o 30 de abril.

Excepcións:

  • O alumnado menor de 18 anos que acredite ter cursadas ensinanzas de persoas adultas en anos anteriores.
  • As persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran no ano 2023 con algún dos seguintes requisitos:
    • Con contrato laboral.
    • Ser deportista de alto rendemento.
    • Orde de escolarización de inspección educativa nos seguintes casos:
      • Por enfermidade ou impedimento físico (certificación médica oficial, informe do departamento de orientación do centro de procedencia e informe de inspección educativa)
      • Alumnado que curse simultaneamente ensinanzas profesionais de música ou de danza, de grao medio de artes plásticas e deseño ou un ciclo formativo de grao medio.
      • Cando concorran circunstancias que lle impidan acudir a centros educativos ordinarios e que estean debidamente acreditados (cargas familiares, vítimas de violencia, mulleres embarazadas...) ou que non entiveses escolarizadas no sitema educativo español.

[subir]

5.- Validacións e equivalencias:

  • Os cadros de equivalencias pode consultado premendo neste enlace [prema aquí].

[subir]

6.- Avaliación:

A avaliación de cada ámbito será continua, polo que estará integrada no proceso educativo de todo o curso e o profesorado non se baseará só na cualificación final dun único exame.

[subir]

7.- Horarios:

Consultar o apartado Alumnado Horarios.

[subir]

 

Distribuir contido


by Dr. Radut