Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Dinamización Lingüística

Concurso de debuxos e microrrelatos terroríficos 2023

Xa volve unha nova edición do noso concurso de debuxos e microrrelatos terroríficos!!
 
BASES DO CONCURSO:
1. Bases Xerais:
- Enviar un correo a debuxoserelatos.epa23@gmail.com
- ASUNTO: o voso pseudónimo.
- CORPO DA MENSAXE: Nome e apelidos, curso e grupo, teléfono de contacto.

2. Modalidades de concurso:
- DEBUXO:
- Folio A-4
- Encabezamento co voso pseudónimo.
- Modalidade aconsellable para a ESA.
- MICRORRELATOS:
- Folio A4, á man e en galego. Será conveniente respectar a extensión máxima dunha cara do folio.
- Modalidade aconsellable para Bacharelato.

E lembrade que podedes participar en calquera das modalidades, aínda que sería mellor respectar o aconsellado.
Os traballos non deben levar ningún sinal ou dato que permitan identificar ao alumnado participante.
 

23 de abril: Día do Libro

Desde a EPAPU de Ourense promovemos a aprendizaxe permanente ao longo de vida, de xeito que a idade non sexa impedimento para iniciar, continuar ou retomar a formación.
Todas e todos temos moito que dicir e que aportar a esta sociedade, independentemente da nosa idade.
Con esta reivindicación na nosa mente, este ano conmemoramos o Día do Libro o vindeiro 23 de abril con esta exposición de libros antigos que, malia ser “vellos”, “aínda teñen moito que contarnos”.

Segunda edición do Certame literario Loureiro: Aconteceu no Couto

Animate a participar na segunda edición do Certame literario Loureiro: Aconteuceu no Couto.

Trátase dunha actividade promovida pola Asociación de Veciños Loureiro en colaboración coa EPAPU Ourense, o IES O Couto e o Colexio Santo Ángel. Os relatos deben estar redactados en galego, ter unha extensión en torno ao folio e medio e, o máis importante, estar ambientados no barrio do Couto. Calquera dúbida pódecha aclarar o teu profesorado.

Entroido na EPAPU

Por fin chega o Entroido á nosa escola. Durante esta semana non te esquezas de cumprir cos mandatos do meco.

Xuntanza sobre creación literaria no proxecto Home

O pasado martes dezasete deste mes no Proxecto Home tivemos unha xuntanza cunha parella de novos escritores que nos introduciron no difícil e interesante mundo da creación literaria narrando as súas propias experiencias tanto na produción como na edición de obras...dous aspectos descoñecidos e sorprendentes para os que alí nos atopábamos. Todo transcorreu nun clima agradable e participativo.....que esperamos volver retomar nalgún momento.

Moitas grazas Xabier e Alba.....

                   

Feliz Nadal coa Árbore dos Desexos da EPAPU

Este ano o Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Epapu quixo felicitarnos estas festas dun xeito moi especial: a Árbore dos Desexos. Todo o alumnado e persoal da escola contribuíu escribindo nunha cartulina o seu desexo para o vindeiro ano e esa cartulina incorporouse á árbore de nadal colectiva da Epapu. Aquí tedes o fermoso resultado. BO NADAL!!!

Gañadores concurso debuxo terrorífico 2022

Tras unha disputada elección, xa temos os cartaces gañadores da edición 2022 do concurso de debuxo terrorífico organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Epapu de Ourense co gallo do Samaín. Moitisimas grazas ao grande número de participantes que coas súas creaccións encheron de terror o taboleiro da Epapu. Merecida noraboa tamén aos que acadaron un recoñecemento nesta edición. 

 

Como se indica no cartaz, a cerimonia de entrega de premios terá lugar o vindeiro venres 28 de novembro, véspera de Samaín, ás 19:30 da tarde. Aquí tedes unhas imaxes dos cartaces premiados, dos gañadores e unha mostra da numerosa participaron nesta edición.

Concurso de debuxo terrorífico 2022

O equipo de dinamización da lingua galega da Epapu de Ourense, convoca un concurso de debuxo terrorífico no que poderás participar ata o vindeiro día 21 de outubro.

 

 Cartel elaborado por Begoña Acebedo 1º Bac

Entrega os teus debuxos en formato A-4 ou folio en conserxería e terás a oportunidade de gañar algún dos agasallos que recibirán os tres primeiros clasificados. A entrega de premios realizarase o 28 de outubro nas vésperas de Samaín.

A muller rural labrega: charla con Carmen Iglesias Sueiro e encontro coa poeta Ana Vila

Tralo inicio do curso a nosa BiblioEPA, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua, retoma o desenvolvemento das primeiras actividades deste ano académico. Para abrir boca teremos unha interesante charla-coloquio coa mestra e politica ourensá Carmen Iglesias Sueiro. Será o vindeiro martes 18 de outubro de 19:30 a 20:15.

 

Posteriormente, o 26 de outubro, en doble sesión de mañá, na nosa escola de 11:50 a 12:40, e de tarde no Proxecto Home. O alumnado tera a oportunidade de coñecer á autora Ana Vila Portomeñe, poeta e labrega da parroquia de Meixonfrío, Taboada (Lugo). Autora de, entre outras obras: "Latexos dunha labrega", "Pintasías. Poesías e debuxos" e "Sentidos nunha aldea" ademais dunha variada obra colectiva.

AS ENTREVISTAS IMPOSIBLES DA RADIO EPA: FLORENCIO DELGADO, DÍA DAS LETRAS 2022

Para conmemorar convosco o día das nosas letras, achegamos unha nova edición das "Entrevistas Imposibles" da Radio Epa. Nesta ocasión os autores foron os alumnos de 3º ESA tarde. Un fantástico traballo. Vivan as Letras Galegas, viva #florenciodelgado

 

Distribuir contido


by Dr. Radut