Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Dinamización Lingüística

BLANCO AMOR, ESE EPENTE...UNHA WEBQUEST

O día 17 de maio, ademais do día grande das nosas letras é o día en contra da LGTBIfobia, nesta data EDL da Epapu de Ourense e os departamentos de Filosofía e Lingua Galega queren homenaxear a Eduardo Blanco Amor cunha web quest que percorre a súa vida e obra, facendo fincapé en aspectos pouco tratados, vitais e biográficos que promoven o recoñecemento emocional e a vinculación co noso alumnado. Como di Eduardo Blanco Amor 2.0 @esmorgueiro: "Que o Día das Letras Galegas coincida co día contra a LGTBIfobia non pode ser só unha casualidade"

Podes acceder á Web Quest AQUI

Participación olimpiada filosófica

Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega da Epapu de Ourense queremos felicitar as alumnas que participaron na Olimpíada Filosófica deste ano. O EDL encargouse de traducir e correxir a disertación e os escritos que acompañaron ás producións das alumnas. Non conseguiu clasificarse a alumna de 1º de Bac Filipa Magalhaes aínda que para nós é unha auténtica campioa coa fotografía marabillosa que acompaña esta entrada. No caso da Disertación na que tamén presentamos un traballo SI QUE NOS CLASIFICAMOS!! Parabéns a nosa Correspondentes Da Epa Jennifer Taboada Expósito que resultou seleccionada para representar ao noso centro na defensa pública do seu traballo na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela. PARABÉNS ÁS DÚAS FILÓSOFAS DESTE CENTRO.

Contra a guerra amizade, amor e tatuaxes

O EDL da EPAPU de Ourense ven de organizar dúas actividades para lembrar algo que hoxe parece olvidado: o amor, a paz e a amizade son os valores que temos que defender, a cidadanía ten nas súas mans defender no día a día a Paz que queremos para o mundo no noso entorno más próximo, coa familia, cos amigos e tamén cos inimigos. A paz é unha construción social, argallémola xuntos.

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

TRANSLINGUANDO OS VERSOS DE ROSALÍA

Neste curso en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e todos os Departamentos da EPAPU de Ourense quixemos destacar a forza inclusiva e formadora que teñen de seu as aulas do noso centro. Nelas alumnado de todas as idades, formación e nacionalidade comparten espazos de creatividade dos que xorden iniciativas coma esta que vos presentamos co gallo da celebración do día de Rosalía. Temos alumnado francés, mongol, paquistaní, indi, norteamericano, brasileiro, chino, senegalés, alxeriano, marroquí, suramericanos, afgano... Falamos en todas as linguas e en todas elas "translenguamos" á nosa poeta máis destacada. A partir de hoxe e durante 15 días iremos subindo ao BLOG DE DONAS DE SI os audios co poema "Adios ríos, adios fontes" lidos polo alumnado da EPAPU de Ourense na súa lingua materna, acompañaremos cada un deles cun cartel no que se poderá ler, observar a súa letra e escoitar a través dun QR como soa. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración.

 

Gañador concurso de tatuaxes

Xa temos gañador do noso concurso de tatuaxes, Edgar de 1º de Bacharelato deixounos tolos con este deseño que esperamos sexa unha anticipación da paz que todos desexamos. Mención especial para Brais de Esad e para Joel de 2º Bacharelato que acadaron o segundo e terceiro posto respectivamente nas votacións públicas.
Como prometimos imos converter o deseño gañador nunha tatuaxe para lucir na nosa propia pel.
 

Tinta pola Paz

O vindeiro 30 de Xaneiro é o día mundial da paz e non violencia. Para conmemoralo, animámosvos a participar na actividade TINTA POLA PAZ deseñando unha tatuaxe alusiva á paz. O mellor deseño será editado nunha calcomanía!!

BO NADAL

 

 

 

No Nadal montouse o Belén

Na Epa andamos a montar un Belén colaborativo. Alí cabe de todo, non pechamos a porta a ninguén; iso sí, ten que ser feito a man, de reciclaxe, con materiais naturais...o que vos guste.

 

 

Viva o noso magosto

 

 

 

Concurso de microrrelatos de terror Samaín 2021

 

 

 

Escolma dos relatos presentados polo alumnado da Epapu de Ourense co gallo da celebración do noso Samaín:

Moitas grazas aos docentes e alumnos que participaron nesta tarefa

Distribuir contido


by Dr. Radut