Skip to Content

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO - 2 DE ABRIL DE 2024

En 2007, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas instaurou o 2 de abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo co obxectivo de contribuir a mellorar a calidade de vida das persoas co trastorno do espectro do autismo (TEA) e promover a súa participación en todos os ámbitos da sociedade como cidadáns de pleno dereito.

No marco do 2 de abril promóvense campañas de sensibilización e concienciación dirixida a visibilizar ás persoas con TEA e as súas familias, aumentar o coñecemento das necesidades do colectivo e para conseguir o exercizo efectivo dos seus dereitos.

AdxuntoTamaño
Día Mundial TEA 2024.odt3.57 MB


page | by Dr. Radut