Skip to Content

Novas

A ENTREGA DE BOLETÍNS SERÁ O XOVES 5 DE SETEMBRO AS 10:00

A entrega de boletíns de cualificacións da convocatoria extraordinaria de setembro realizarase o xoves 5 de setembro na aula de referencia do curso 2018/2019. Coa entrega de boletíns tamén facilitaranse os sobre da matrícula.

O prazo de matrícula para o alumnado será os días 5 e 6 de setembro ata 14:00.

 O prazo de reclamacións será o día 5 e 6 de setembro ata as 13:00.

 

Material escolar.

 Material escolar.

Estas son as listaxes de material escolar organizadas por curso. Lembrade que se producen donacións e devolucións que ata setembro non podemos rexistrar, polo que recomendamos agardar ata o comezo de curso para mercar o material escolar. Referente aos paquetes de folios dende a dirección do centro recomendamos a compra de papel reciclado.

Convocatoria de bolsas MEFP 2019-2020 para estudantes que cursen estudos postobligatorios

 ministerio de educacion y formacion profesional

     O Ministerio de Educación e Formación Profesional publicou a convocatoria de bolsas MEFP 2019-2020 para estudantes que cursen estudos    postobligatorios, cuxo prazo de solicitude remata o 1 de outubro de 2019 para estudantes non universitarios e o 15 de outubro para os universitarios.

     Os prazos para presentar a solicitude das becas xerais do Ministerio de Educación para estudos postobligatorios no curso académico 2019-2020 empezan o 1 de agosto, e rematan:

 

  1. O 15 de octubre do 2019 para os estudantes universitarios
  2. O 1 de octubre do 2019 para os estudantes non universitarios


 

 

Axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo

 

 

ministerio de educacion y formacion profesional

 

  Está aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 26 de setembro do 2019

  Ligazón á páxina do Ministerio de Educación e Formación Profesional

Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

A partir do día 22 de xullo poderedes recoller na secretaría do IES Agra de Leborís os vales para a adquisición de libros e material escolar.

CONVOCATORIA DE REUNIÓN PARA AS NAIS/PAIS/TITORES LEGAIS DO ALUMNADO

O próximo 25 de outubro, mércores, ás 18:30, o I.E.S. Agra de Leborís recibirá aos pais/nais/titores legais do alumnado de E.S.O. e Bacharelato para informarvos de todas as novidades do curso.


 Fai click no documento adxunto para descargar o boletín informativo

Distribuir contido


by Dr. Radut