Skip to Content

Fóra do centro

VIAXE DE FINAL DE CURSO DE 4° DA ESO - 2022-2023

As profesoras Andrea, Carla e Susana acompañaron ao alumnado de 4° da ESO á tan merecida viaxe de fin de curso. Esperamos que a disfrutarades moito e rematedes esta etapa con moito éxito.

SEMANA BRANCA - ANDORRA - CURSO 2022-2023

O alumnado de 2° da ESO disfrutou da Semana Branca en Andorra, do 14 ao 21 de febreiro de 2023. Viviron experiencias deportivas na neve e de convivencia moi enriquecedoras. 

EXHIBICIÓN SOLIDARIA DA GARDA CIVIL - 2022-2023

O luns 28 de novembro de 2022 un grupo de alumnos e alumnas de 4° da ESO participaron na "Exhibición Solidaria da Garda Civil" en Vimianzo. 
A Gardia Civil, servizo de seguridade de ámbito nacional,  presentou os medios e especialidades cos que contan e realizou varios simulacros de rescate que resultaron do máis interesante.

Actividade organizada polo Departamento de Orientación en coordinación con Sergio García, representante da Garda Civil, do Plan Director para a convivencia nos centros educativos. Grazas.

Viaxe de Final de Curso 4° ESO. O Grove-Pontevedra

Do 31 de maio ao 3 de xuño de 2022 o noso alumnado de 4° da ESO disfrutando duns días de convivencia por Pontevedra. O Grove, As Illas Cíes, Pontevedra e moito máis...

Distribuir contido


by Dr. Radut