Skip to Content

Secretaría

COMEDOR ESCOLAR - CURSO 2022-2023

O comedor escolar empeza o 12 de setembro de 2022. 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR (sorteo designación Xunta electoral)

O vindeiro luns 5 de novembro, ás 12:20 no despacho da directora, celebrarase o sorteo público para a designación dos membros da Xunta electoral.

Unha vez realizado dito sorteo, procederase a enviar as citacións correspondentes para constituír a Xunta electoral.

A primeira reunión da xunta será o xoves 8 de novembro, así como a expoisición do censo electoral.

O SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR EMPEZA A FUNCIONAR O 1 DE OUTUBRO

Dado que unha nova empresa de catering se encargará de traer os menús ao alumnado que solicitou o comedor, e que ten que facer cambios adaptados ao novo espazo, agardaremos ao 1 de outubro para comezar co servizo.

Polo tanto, non haberá servizo de comedor o luns día 24 de setembro. Desculpen as molestias. Ese día, se hai alumnado que non marche á súa casa e permaneza no centro coa súa propia comida, será atendido e supervisado por profesorado.

LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS 2018-2019 (14 setembro 2018)

Á falta da adxudicación extraordinaria (para o alumnado repetidor de 4º ESO, ou procedente doutra comunidade, ou procedente dun centro privado), esta é a listaxe definitiva de adxudicacións para o curso 2018-2019.

Para comentar calquera anomalía detectada, preguntar na administración do centro, onde aínda se poden recoller os vales de material para o curso.

INICIO DO CURSO 2018-2019

·17 de setembro: presentación co profesorado titor (11:30-12:30) (Ese día haberá transporte – Non haberá servizo de comedor)

·18 de setembro: clases en horario habitual (08:40-14:20)

·24 de setembro: inicio do servizo de comedor escolar (para o alumnado que o solicitase e lle fose concedido)

ENTREGA NOTAS XOVES 6 SETEMBRO (10:00)

A entrega dos boletíns de calificacións da convocatoria extraordinaria de setembro terá lugar o xoves 6 de setembro ás 10:00 na aula que o alumnado tivo no curso 2017-2018.

Deseguido comezan o prazo de matrícula para o curso 2018-2019 e o prazo para as reclamacións oficiais, que rematarán o venres 7 de setembro ás 14:20. Cos boletíns darase tamén o sobre cos impresos de matrícula.

O mesmo día 6 é obrigatorio devolver todos os exemplares do Fondo de libros que o alumnado tivese no curso 2017-2018 e que non fosen xa devoltos o día do exame extraordinario.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2018-2019

LISTAXES DE ALUMNADO CON VALE PARA MATERIAL ESCOLAR (XULLO 2018)

Se detectan omisións ou erros nestas listaxes, acudan ao centro para resolvelos (no mes de xullo, de luns a venres, entre as 9:00 e as 14:00).

Para recoller o vale, unha persoa adulta familiar do/da alumno/a deberá asinar e indicar o seu DNI (no mes de xullo, de luns a venres, entre as 9:00 e as 14:00).

No mes de setembro saíra outra listaxe co alumnado con materias pendentes, unha vez que se matriculen no centro e teñan devoltos todos os libros do fondo 2017-2018.

LISTAXE PROVISIONAL FONDOLIBROS 2018-2019

Se detectan erros ou omisións nesta listaxe, hai dous días de prazo para reclamar.

 

 

Itinerarios transporte escolar

No documento adxunto podes consultar os itinerarios do transporte escolar actualizados (curso 2018-19) para poder cubrir a túa petición de transporte na folla de matrícula

Distribuir contido


by Dr. Radut