Skip to Content

Orientación

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO - 2 DE ABRIL DE 2024

En 2007, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas instaurou o 2 de abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo co obxectivo de contribuir a mellorar a calidade de vida das persoas co trastorno do espectro do autismo (TEA) e promover a súa participación en todos os ámbitos da sociedade como cidadáns de pleno dereito.

No marco do 2 de abril promóvense campañas de sensibilización e concienciación dirixida a visibilizar ás persoas con TEA e as súas familias, aumentar o coñecemento das necesidades do colectivo e para conseguir o exercizo efectivo dos seus dereitos.

ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL 2023

O día 14 de abril de 2023 o alumnado de 4° da ESO e 1° de Bacharelato visita varios Centros Integrados de Formación Profesional.
O Departamento de Orientación organiza as visitas coa colaboración da Vicedirección e o profesorado-titor.
Foron ao CIFP Universidade Laboral (Culleredo), CIFP Anxel Casal de Monte Alto e CIFP Someso (A Coruña) para coñecer a oferta formativa de varias familias profesionais que esperamos os axude na súa toma de decisións académico-profesional.

DÍA 2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

O día 2 de abril as Nacións Unidas resolve establecer esta data para visibilizar ás persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e contribuir a promover o exercicio efectivo dos seus dereitos.

Os membros do Departamento de Orientación ao completo para que todas as pezas encaixen, coa colaboración do Equipo da Biblioteca e a participación de alumnado e máis profesorado.


 

INFORMACIÓN ABAU 2022

Información práctica e útil sobre as Probas de Acceso á Universidade - ABAU 2022

 

Enlace a máis información na CIUG.

Orientando de 3º a 4º da ESO para o curso 2020 - 2021

Increíble, como pasa o tempo, en nada pasamos a 4º da ESO e remataremos unha etapa decisoria para todos e todas. 

 Aínda que este curso está sendo tan excepcional, pola alerta sanitaria, seguimos a ter que tomar decisións sobre o noso futuro académico e profesional. 

Por eso, pincha na imaxe e accederás a un arquivo para os alumnos/as e as súas familias, sobre as materias que podedes cursar en 4º da ESO, onde tedes que ir valorando máis dunha opción, tipo de ensinanzas, tipo de materias e moito máis que, pouco a pouco, iremos resolvendo. 

Calquera dúbida poñerse en contacto co departamento de orientación, por correo electrónico ou por skype, en "carmenorienta19@gmail.com"

 

Orientando de 2º a 3º da ESO para o curso 2020 - 2021

Estamos a rematar o curso escolar, un curso que nunca olvidaremos polas circunstancias excepcionais dunha alerta sanitaria que ninguén podía imaxinar. 

Aínda así, temos que aprender de todo esto e seguir avanzando. 

Pincha na imaxe e verás un arquivo con información para os alumnos/as de 2º da ESO que van a continuar en 3º da ESO e necesitan saber que materias van cursar e calques teñen que elixir. 

Calquera dúbida poñerse en contacto co departamento de orientación,  por correo electrónico ou skype, en "carmenorienta19@gmail.com"

Orientando de 1º para 2º de BACHARELATO para o curso 2020 - 2021

Continuamos no Bacharelato e esperando que todo fora moi ben, segundo o previsto, e superado todo.

Neste documento explicamos a oferta de materias para o seguinte curso. Xa en 2º de Bacharelato!.

Xa queda menos!.

 

Catálogo de ciclos formativos - Formación Profesional

Neste arquivo imos a ver a ampla oferta de ciclos formativos de Formación Profesional.

Cada vez hai máis demanda e oferta. Sempre é un acerto cursar estudos de FP.

Na páxina de edu.xunta.es/fp tedes moita máis información sobre este tema.

Na aplicación orientaline seguimos a ter máis datos de interese.

Distribuir contido


by Dr. Radut