Skip to Content

Información do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía á comunidade educativa

Para consultar calquera información relativa á Programación didáctica 2021-2022 do Departamento pode premer no enlace

 

ANEXO Á PROGRAMACIÓN do

Dpto. BIOLOXÍA e XEOLOXÍA

 

Atendendo a disposición transitoria cuarta da Orde do 25 de Xaneiro do 2022, publicada no DOG en data 11 de Febreiro do 2022, pola que se actualiza a Normativa de Avaliación nas ensinanzas de ESO e Bacharelato, o departamento de Bioloxía e Xeoloxía, reunidos os membros do departamento, consideramos o seguinte:

 

Na ESO:

Na 3º avaliación farase constar a nota final da materia, que poderá verse incrementada polas actividades realizadas durante o período que a continuación se detalla:

No período comprendido entre a terceira avaliación e a avaliación ordinaria, levaranse a cabo as seguintes actividades:

- Actividades de recuperación para o alumnado que non acadara a avaliación positiva na materia.

- Actividades de reforzo e ampliación para ó alumnado que acadara a avaliación positiva na materia. Estas actividades poderán supoñer un incremento de ata 0,5 puntos na nota media final.

- Para lograr este incremento na cualificación final de materia, acadarase sempre e cando, se realicen todas as actividades propostas de forma satisfactoria

 

En 1º Bacharelato:

     No período comprendido entre a terceira avaliación e a avaliación extraordinaria, levaranse a cabo as seguintes actividades:

- Actividades de reforzo e preparación da proba extraordinaria para o alumnado que non acadara a avaliación positiva na materia.

- Actividades de reforzo e ampliación para ó alumnado que acadara a avaliación positiva na materia. Estas actividades poderán supoñer un incremento de ata 0,5 puntos na nota media final.

- Para lograr este incremento na cualificación final de materia, acadarase sempre e cando, se realicen todas as actividades propostas de forma satisfactoria

 

AdxuntoTamaño
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA-2019-2020-Decembro2019.pdf1.8 MB
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA-2020-2021.pdf1.94 MB
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA-2021-2022.pdf1.39 MB


page | by Dr. Radut