8 DE MARZO

07/03/2024 14:11
Europe/Madrid

8M

DÍA DA MULLER

Celebramos o 8 de marzo e unímonos á facer deste día un día de reivindicación e celebración coa letura dun pequeno comunicado e coa música de "Fillas de Cassandra- II": Lisístrata (varre vasoira)

ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO

RESOLUCIÓN DO 28 DE FEBREIRO DE 2024

ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO DE 4º DA ESO E DE 2º DE BAC

 

https://esgalicia.gal/gl/vivir-en-galicia/galicia-primeira-comunidade-en-emitir-un-certificado-de-competencias-dixitais

Imaxe: https://esgalicia.gal/gl/vivir-en-galicia/galicia-primeira-comunidade-en-emitir-un-certificado-de-competencias-dixitais

 

Infórmase de que o alumnado de 4º da ESO e de 2º de BAC poderá acreditar a súa competencia dixital realizando unha proba no propio centro educativo. O alumnado de 4º da ESO poderá acreditar un coñecemento medio en competencias dixitais e o alumnado de 2º de BAC sobre seguridade e privacidade (área 4 MGCD). Ditas probas realizaranse no mes de abril para o alumnado de 2º de BAC e no mes de maio para o alumnado de 4º da ESO.

O alumnado interesado en realizar dita proba deberá solicitar o anexo IV da resolución na conserxería do Centro e traela cuberta pola persoa responsable do/da menor ampliándose o prazo ata o 15 de marzo e deixala na propia conserxería do centro.

Para máis información sobre o proceso da resolución e o contido do Marco Galego de competencias dixitais poden consultar o enlace e os arquivos adxuntos

https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado

Admisión no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

INFÓRMASE QUE:

 

Para a admisión no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte é requisito previo a superación dunha proba física, que recibe cualificación de Apto/Non apto.

 
Achégase o enlace para a información e inscripción das probas:
 

 

NÚMERO PREMIADO DO SORTEO DA CESTA DE ENTROIDO

NÚMERO PREMIADO

0435

 

No recreo da ESO de hoxe venres, 1 de marzo, sorteuse a cesta con produtos de entroido. O boleto agraciado ten o número 0435. Parabéns á persoa agraciada e desexamos que desfrute moito de todo o contido en dita cesta.

 

23 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

23 DE FEBREIRO: LEMBRANDO A ROSALÍA DE CASTRO

Aniversario do nacemento de Rosalía de Castro
 
 
 
Este pasado venres 23 de febreiro, día de lembranza do nacemento de Rosalía de Castro en 1837, o Dpto de Normalización Lingüística organizou un recitado de poemas de Rosalía de Castro. Alumnado de 2º e 4º da ESO e de 1º de BAC , así coma o profesorado de Lingua e Literatura Galega lembraron á escritora lendo poemas das súas máis importantes obras e un relato, este en castelán, do que puido ser o primeiro manifesto feminista.
Rematou o acto coa interpretación de "Adiós ríos, adiós fontes" por parte de Paula Fraga, alumna de 2º de BAC, acompañada pola guitarra e o teclano que tan armoniosamente tocaron Iris e Henar, tamén de 2º de BAC.
Para ver o vídeo premede nos links do noso canal de Youtube @iesalfredobranas1125

XVII FEIRA DAS CIENCIAS

XVII FEIRA DAS CIENCIAS

27 e 28 de FEBREIRO de 2024

 

Cartaz da feira realizado pola alumna de 2º de BAC E Antía Martínez Fernández

Un curso máis celebraremos no noso IES a Feira das Ciencias onde alumnado e profesorado dos Departamentos de Bioloxía, Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxia, Debuxo e Música expoñerán as prácticas que levan preparando ao longo destes dous meses. Como cada edición as prácticas están destinadas a ensinar o traballado realizado entre profesorado e alumnado "voluntario" ao resto de compañeiros e compañeiras de todo o Instituto así como ao resto do profesorado. Contaremos tamén coa visita do alumnado de 4º da ESO do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. O mércores 28, de 16.00 a 18.30, será a xornada de "Portas Abertas" para todas aquelas persoas que queiran achegarse para observar o traballado que se expón nas distintas prácticas.

Esperamos que sean dúas xornadas de verdadeiro coñecemento e desfrute da ciencia, da música e do deseño.

Seredes benvidas e benvidos.

SORTEO CESTA CON PRODUTOS DO ENTROIDO. EXCURSIÓN 4º DA ESO

 

EXCURSIÓN DO ALUMNADO DE 4º DA ESO

SORTEO CESTA CON PRODUTOS DO ENTROIDO

O alumnado de 4º da ESO sortea unha suculenta e ben cargada "CESTA DO ENTROIDO" que levará a persoa agraciada co número do boleto que algún alumno ou alumna de 4º da ESO lle vendera antes do 1 de marzo que é o día que se realizará o sorteo de maneira pública ás 11.10 da máñan.
Os boletos son a 2€ e o importe de cada un vai integramente para o alumnado de 4º da eso que o está a vender e así poder costear a súa viaxe de final de etapa a Andalucía.

Agradecemos á secretaría do Ies Alfredo Branhas pola xenerosa aportación mercando os produtos de dita cesta que ascende a un prezo aproximado de 300€ e a autoservicio "Casa Francisco" pola súa xenerosa aportación regalando unha botella de viño blanco así como o soporte dos productos (a cesta) e o marabilloso empaquetado.
Se aínda non tedes o voso boleto non dubidedes en mercarllo a algún destes alumnos e alumnas de 4º (dito boleto ten que ter o carimbo do centro educativo).
Estades inda a tempo de buscar a sorte... E de axudar ao alumnado a costearse a súa viaxe de fin de etapa.

O número publicarase nas nosas redes e na páxina web do centro tendo un prazo de dez días para vir recoller a cesta . De non ter aparecido a persoa co boleto premiado volverase sortear.

Moita sorte e bo proveito.

 

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 
11 DE FEBREIRO
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Este 11 de febreiro, domingo de Entroido, o Concello de Carballo, a través das concellerías de innovación e igualdade celebrou no "andar alto" do Mercado Municipal de Carballo a "I Feira do día da Muller e a Nena na ciencia", e o Ies Alfredo Branhas estivo presente colaborando nos experimentos científicos cun grupo de alumnas da ESO e de BAC, guiadas pola profesora de Química, Isabel Regueiro, onde fixeron unha serie de experimentos demostrando que NON SE DISFRAZAN de científicas, SENON que SON CIENTÍFICAS e están dando os pasos para formar parte na historia da ciencia.
As alumnas que participaron foron Laura Varela Cambón, Shana Añón Lías, Valeria Rodríguez Colferai, Carla Padín Regueira, Lucía García Vilariño, Andrea Goimil Liñares, Alba Bértoa Lema e Claudia Pallas Marrozos.
Como sabedes o noso centro destaca, entre outras, por organizar a chamada "Feira das Ciencias" que este ano celebrarase a XVII edición nos días 28 e 29 de Febreiro. O que fan estas rapazas é mostrar e demostrar que a ciencia ten voz de muller.
Deixo aquí unhas fotos que me enviaron máis non sei quen as tirou, por eso desculpade que non poña autora/autor da mesma.
Este é o artigo da La Voz de Galicia. Edición Carballo onde, entre outras, aparece a nosa profe Isabel Regueiro e o nome das alumnas participantes.
 
Na nosa páxina do facebook e instagram podedes ver as fotos que se tomaron ese día

Axudas para formación en lingua estranxeira para bacharelato

A Xunta convoca 648 prazas de estadías lingüísticas de verán no estranxeiro para o alumnado de Bacharelato.

DOG - ORDE do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

>> O período de realización destas actividades comprenderá desde a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2024, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto.

>> As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

>> O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, a partir do 13 de febreiro de 2024.

EXCURSIÓN Á NEVE 2024

JACA, XANEIRO DE 2024
 
 
Dende o Dpto. de Educación Física organizouse do 21 ao 26 de xaneiro a excursión á neve, como cada ano, para o alumnado de 3º ESO e 1º de BAC. Un total de 49 alumnos/alumnas e catro profesores/profesoras tiveron a oportunidade de desfrutar de esta actividade aprendendo ou perfeccionando as técnicas do esquí e variantes.
 
Chegaron sans salvo algún esguince sen maior complicación.
 
 
Por se vos interesa ver como así de ben esquía o noso alumnado de 3º da ESO e de 1º de BACH, e non só o alumnado, tamén o profesorado, mirade a Maria Martinez Varela que control de cámara.... queda aquí o seguinte enlace do noso facebook, tamén tedes o vídeo no canal de instagram do centro.
 
 
 
Distribuir contido