PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS, HORTALIZAS E LEITE

DESFRUTA COAS FROITAS E OS LÁCTEOS

 

O noso centro foi seleccionado para participar no reparto de froita e leite subvencionado polo FOGGA.

O primeiro período comenzará o próximo luns, 15 de xaneiro.

O reparto farase nos recreos da ESO e de BACH

Se tes interese en ver o resultado da campaña accede á conta do noso facebook

https://www.facebook.com/100069706337587/videos/3751311301764106/

 

SORTEO EXTRAORDINARIO LOTERÍA DE NADAL

SORTEO EXTRAORDINARIO DA LOTERÍA DE NADAL DO 22 DE DECEMBRO DE 2023

O número 33.198 ten a devolución de 2,50€

Comunícase por este medio de que as participacións da lotería de Nadal que vendeu o alumnado de 4º da ESO coa fin de recaudar fondos para subencionar a excursión de fin de curso a Andalucía foi gratificada coa devolución de 2,50€.

Aquelas personas interesadas en cobrar a súa respectiva cantidade segundo as participacións adquiridas poden achegarse con ditas participacións polo centro educativo en horario de 9.00 a 14.00 horas. Teñen de prazo ata o 22 de Marzo, segundo a normativa vixente para o cobro de premios de Loterías do Estado.

As participacións que non se devolvan quedará na bolsa a repartir entre o alumnado que vendeu as participacións.

 

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior 2024

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO:

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non posúan o título de graduado en ESO nin un título profesional básico e teñan 17 anos ou os fagan no 2024.

O prazo de presentación estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
As solicitudes están en https://sede.xunta.gal co procedemento ED312C.
Tamén se poderán presentar as solicitudes en calquera centro docente público da Consellería de Educación que imparta ciclos formativos de formación profesional.

As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 23 de maio de 2024.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR:

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional e teñan 19 anos ou os fagan no 2024.

prazo de presentación estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

As solicitudes están en https://sede.xunta.gal co procedemento ED312D.

Tamén se poderán presentar as solicitudes en calquera centro docente público da Consellería de Educación que imparta ciclos formativos de formación profesional.

As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 18 de abril de 2024.

Máis información no DOG do 8 de xaneiro de 2024 e en www.edu.xunta.es/fp 

CONFERENCIA SOBRE CIBERSEGURIDADE

A SEGURIDADE NAS REDES SOCIAIS DOS NOSOS FILLOS E FILLAS

O próximo martes, 28 de Novembro as 18.00 horas terá lugar no Salón de Actos do noso IES unha conferencia sobre "CIBERSEGURIDADE" onde un experto no tema da Guardia Civil explicará todo aquelo que ten que ver cos perigos das Redes Sociais en Internet e todo ese mundo virtual e como podemos protexer aos nosos e nosas menores. Xa vén facendo unha serie de charlas co alumnado durante o mes de outubro e novembro. Consideramos que é unha actividade que non debe deixarse pasar pois é un tema que nos preocupa como nais, pais, profesorado e sociedade en xeral.

Contamos coa súa asistencia

 

EXCURSIÓN 4º DA ESO

REUNIÓN COAS FAMILIAS

 

 

O próximo martes, 14 de novembro, as 19.15 horas teremos a primeira reunión coas familias do alumnado de 4º da ESO que estea interesado en participar da excursión final de etapa (ESO) para a próxima primavera.

É moi importante a asistencia pois procurarase dar toda a información da que ata o momento temos. 

Agradecemos a asistencia

FORMACIÓN CFR-CORUÑA

"CEREBRO E PANTALLAS" FORMACIÓN PRESENCIAL

ACTIVIDADE PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA: FAMILIAS, ALUMNADO, PROFESORADO.

CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS DE A CORUÑA

Dende o CFR, Centro de Formación e Recursos da Coruña, pídennos que demos difusión á unha charla-conferencia de formación que se vai celebrar no Pazo da Cultura de Carballo o próximo mércores 15 de novembro ás 19.00 horas.
Valoramos a importancia de dita conferencia-formación que leva por título: "Cerebro e Pantallas", cuxa ponente é María Couso, Licenciada en Pedagoxía, entre outros méritos académicos.
Adxúntase cartaz e información a ter en conta para animarse a participar.
 

PLAN DIXITAL DO CURSO 2023-2024

03/11/2023
Europe/Madrid

Reunido o Consello Escolar, en sesión extraordinaria, ás 11:00 horas do día 26 de outubro, xoves, aproba o "Plan Dixital para curso 2023-2024. Dito plan dixital está recollido na páxina de "educalidade".

Para acceder ao mesmo débese chequear na entrada que pon "plan dos centros" que se atopa nunha columna na marxe esquerda, (de non ver esto chequéase nos tres puntos verticais que hai na man esquerda e debe despregarse o menú) Unha vez accedido a  "plan dos centros", en "convocatoria": ano académico 2023/2024; "plan": plan dixital; "centros": escribir ies alfredo brañas, picar nel e finalmente hai unha pestaña laranxa debaixo de "convocatoria" que pon "buscar" unha vez debe aparecer todo e a maiores unha pestana cunha lupa debaixo de "opcións".

Enlace ao plan dixital do IES ALFREDO BRAÑAS

PONTE DA PILARICA

COBERTURA SERVIZO INTEGRAL ORDENADORES E-DIXGAL

SEGURO ORDENADORES EDIXGAL

 

No arquivo adxunto pode lerse a información completa sobre a cobertura dos ordenadores e-dixgal.

PRESENTACIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024

O 11 de setembro fixemos a presentación do alumnado da ESO, BACH e CSCI por niveis no patio cuberto. O Xefe de estudos deu unhas breves normas que foron desenvolvidas polas titoras e titores nas aulas e o director en funcions foi chamando ao alumnado por niveis e aulas-grupo presentando ao seu titor titora.

Desexamos un curso proveitoso. 

BENVIDAS E BENVIDOS

Distribuir contido