Skip to Content

Events

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Xoves Febreiro 09, 2017 »
Xov

continentes do mundo 

Deu comezo o ciclo de contacontos "Contos do mundo" que estamos a levar a cabo entre o CEIP A Sangriña e o noso instituto, organizado por ambas as dúas Bibliotecas. Neste caso os contacontos son moi especiais: trátase do noso alumnado, que fará rir e soñar a rapazas e rapaces do colexio veciño.

No colexio traballan por proxectos, e a temática deste ano son os países do mundo: cada nivel céntrase nun país (Senegal, Cuba, Australia etc.), e os contos que nós lles levamos para lles contar na súa biblioteca gardan relación cos ditos países.

Alén do carácter lúdico e didáctico, está resultando unha experiencia moi positiva para todas e todos, moi motivadora, enriquecedora, e que ademais camiña cara a estreitar lazos na nosa comunidade educativa. 

Start: 09/02/2017 00:20
End: 09/02/2017 18:30
alumnado en lugares representativos

O Departamento de Portugués xunto co de Relixión organizaron, no pasado mes de febreiro, para o seu o alumnado de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato unha saída didáctica a Porto, onde fixeron unha completísima visita aos lugares máis representativos.

Coñeceron a arte sacra barroca de Nicolau Nasoni (Igreja do Carmo, Torre dos Clérigos, talhas de Nosa Senhora, Igreja de São Ildefonso), visitaron tamén a Sé Catedral, o Pelourinho, a livraria Lello e Irmão, e despois do almorzo aínda foron facer un percorrido polo Estadio do Dragão do Porto F.C. 

Start: 09/02/2017 09:10
End: 09/02/2017 10:15

Na segunda sesión de Contos do mundo o lugar protagonista foi Macau, na China. O conto O segredo da juventude eterna é a aprendizagem foi presentado en portugués polo profesorado desta lingua, Alberto Viso, María Carneiro e Isabel Gonçalves, que optaron por facer unha posta en escena coa técnica xaponesa do kamishibai, unha sorte de pequeno teatro para láminas.

Velaquí o vídeo elaborado polo profesorado do CEIP. Tendes máis información no blog da súa bilbioteca, Biblio Pepiño (aquí).

Distribuir contido


by Dr. Radut