Skip to Content

Automoción

Departamento de Automoción

O IES A SANGRIÑA EN EDUGAL 2023

O pasado xoves 5 de outubro, o alumnado de Ciclos de  Automoción e de Administración e Finanzas visitaron EDUGAL (Salón de oferta en educación e formación de Galicia) celebrado do 4 ao 6 deste mes en Pontevedra. Neste certame  o alumnado de Automoción do IES A Sangriña participou organizando un stand e realizando, en directo, unha demostración de vinilado sobre a carrozaría dun vehículo eléctrico dando así a coñecer as competencias do noso alumnado a toda Galicia. Noraboa por ese traballo tan ben feito!!!

 

Viaxe Didáctica de Automoción

O alumnano de 1° e 2° curso de FP Básica, e 1° de Electromecánica gozou dunha saída didáctica o pasado xoves día 23 e venres 24. O primeiro día visitaron en Villablino a empresa RMC que prepara e transforma vehículos de competición ao máis alto nivel europeo. Logo pasaron a tarde na pista de Karting de Ponferrada competindo entre eles e gozando da velocidade. Ese mesmo día pasaron a noite en Salamanca para vivitar o venres o Museo da Automoción.



Xornada de deseño e vinilado de vehículos.

O pasado día 2 de marzo realizouse na aula taller de automoción unha xornada de demostración de deseño e vinilado dun coche e mesmo dalgunha parede, a cargo da empresa Ginrotulacion de Pontecaldelas, á cal lle agradecemos a súa colaboración altruísta e profesional. No proceso deseñouse o novo logo do departamento de Automoción, ao mesmo tempo que se ensinaron as diferentes técnicas de extracción de vinilos usados e instalación duns novos.

Alumnado de Ciclos visita UNVI e OREMBEr

O alumnado dos ciclos de Automoción e de Administrativo realizou unha saída a Ourense o pasado 14 de decembro, para visitar a empresa UNVI (punteira a nivel internacional na fabricación de autobuses) e tamén a factoría de OREMBEr do grupo madereiro FINSA. A mediodia o alumnado e profesorado comeu na cidade de Ourense, e xa pola tarde tiveron a oportunidade de deleitarse no Complexo termal de Prexigueiro en Ribadavia. Desde os departamentos de automoción e administrativo queren agradecer a axuda na organización da viaxe, e sobre todo por sufragar o total do coste económico da viaxe ás responsables do proxecto eMprende neste centro, a través de Ayuda en acción, Ana e María.



Distribuir contido


by Dr. Radut