Skip to Content

Automoción

Departamento de Automoción

DOAZÓN DE MATERIAL DE CARROCERÍA

O departamento de automoción despois de varias negociacións recibiu hoxe a entrega dunha doazón de material de carrocería a estrenar (capós, aletas, paragolpes...) valorado en 3000 euros. Á entrega asistiron o director, Carlos Alonso, o xefe de departamento, Rubén García, e os responsables do Grupo Regueira da zona de Pontevedra. Queremos agradecer o xesto de xenerosidade e a colaboración coa formación por parte do Grupo Ad Regueira.

VIAXE DIDÁCTICA DE AUTOMOCIÓN

Os alumnos de Automoción dos distintos cursos participaron na viaxe didáctica a Madrid, Avila e Salamanca, na que asistiron ao Motortec, a Feira internacional do motor e da automoción, no Ifema, de Madrid. En Ávila tiveron a oportunidade de visitar CESVIMAP (o centro tecnolóxico e de investigación do automóbil máis importante de España) e CESVirecambios (sistema de descontaminación e xestión de vehículos siniestrados). Por último, en Salamanca gozaron do Museo da Automoción. Como anécdota moitos do alumnos viron a neve por primeira vez, xa que os colleu de camiño na estrada. Todo unha aventura!

 

VISITA AO PUNTO LIMPO.

O alumnado de 1° FP Básica, xunto cos profesores Eladio e Rubén, acudiu ao Punto Limpo con 4 colectores con residuos xerados nos talleres. O responsable do Punto Limpo, Carlos, explicoulles como separar e seleccionar os distintos residuos, e logo eles procederon con moito entusiasmo a realizar esa clasificación. Foi unha experiencia moi produtiva e moi grata para todo o alumnado.

 

Galicia Skills 2021

Este mes o IES A Sangriña participou nas Olimpíadas da Formación Profesional: Galicia Skills. Os participantes foron o alumno Pablo Pousa Estévez e o profesor Rubén García Ares, na especialidade de Reparación de carrozaría. A pesar de non conseguir a medalla de ouro que implica ir ao campionato de España en Madrid, Spain Skills, o resultado foi dunha boa puntuación, unha excelente competitividade e unha grande experiencia para todos. Os participantes animan aos demais estudantes a que na próxima edición participen nas respectivas especialidades destas Olimpíadas da Formación Profesional.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut