Skip to Content

Automoción

Departamento de Automoción

Feira de Emprego Ecoimaxín

Hoxe o alumnado de ciclos asiste á Feira de Emprego "Ecoimaxín" que celebra a súa terceira edición durante os días 24, 25 e 26 de outubro, na Casa dos Alonso da Guarda. Este ano contará con charlas e conferencias de especialistas do sector, que falarán sobre «Novos perfís profesionais para un mundo sustentable», «Turismo sustentable, impacto no desenvolvemento local», «Responsabilidade Social nunha gran empresa», «Porque non hai un planeta B». Remata sábado cunha Feira de empresas da contorna e coa presentación do portal de Emprego.

O profesorado do Departamento de Administrativo acompañará ao alumnado do Ciclo Medio de Xestión Administrativa e do Ciclo Superior de Administración e Finanzas. O venres sumaranse o alumnado de segundo curso dos Ciclos Medios de Sistemas Microinformáticos e Redes, de Electromecánica de Vehículos, de FP Dual de Carrozaría e mais os docentes destes grupos.

 

Xornadas de Automoción

O pasado 9 de xaneiro tivo lugar a Xornada de Automoción  no noso centro. En primeiro lugar, ofreceuse unha charla explicativa sobre os procesos e os materiais que o alumnado asistente ía experimentar a continuación. Despois, pasaron aos talleres, onde lixaron, deron masilla e pintaron aletas, portas, capós... probando diversas pinturas. Concluíron as xornadas cunha charla enfocada á orientación laboral dos estudos de Automoción.

GaliciaSkills 2018

O alumnado de ciclos asistiu o pasado 28 de novembro ao V Campionato Gakego de Formación Profesiona, GaliciaSkills 2018, que tivo lugar no recinto feiral de Silleda. 

Galiciaskills é o campionato galego da formación profesional que se celebra cada dous anos e consiste no desenvolvemento dunha serie de competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes han demostrar a súa competencia profesional e medir as súas destrezas con alumnado de distintos centros de Galicia na realización das correspondentes probas.

Carrozaría recibe unha doazón de material

Queremos agradecer á empresa Recalvi, un dos nosos provedores, a recente doazón de material de carrozaría para os nosos ciclos formativos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut