Skip to Content

Administrativo

Departamento de Administrativo

Como xestionar mellor a túa economía?

Como xestionar as túas finanzas IES A Sangriña

Esta mañá, da man de Eduemprende, visitou o noso centro Alberto Valverde, Director da oficina do Banco de Santander da Guarda. A conferencia, organizada polo Departamento de Administración  encádrase no programa "Finanzas para mortais" da Dirección Xeral de Formación Profesional.

Na sesión, tratáronse os seguintes contidos.

  • Manexo de contas bancarias
  • Os aforros e os productos de inversión
  • Operacións financeiras
  • Medios de pago no extranxeiro

Congreso de emprendemento dixital SED Talks 2024

Congreso de emprendemento dixital SED Talks 2024

O mundo empresarial está en continua evolución e nestes tempos o uso da tecnoloxía e a contorna dixital converteuse nun elemento clave para o bo funcionamento e crecemento de empresas e proxectos. Por iso, non podemos ignorar este aspecto na formación das nosas alumnas e alumnos.

No Congreso SED Talks 2024, celebrado o venres 3 de maio no Club Financeiro de Vigo, os alumnos de 1º de CS e CM de Administración (e algún de Informática) puideron coñecer experiencias de emprendedores dixitais de éxito, as súas estratexias e consellos.

Grazas a Benlly Hidalgo  por facilitar as entradas aos nosos alumnos, e a estes por facer que  nos sintamos orgullosos de acompañalos.

Visitamos VEPERSA e COPERVI

VISITA ÁS EMPRESAS VEPERSA E COPERVI EN VIGO

O pasado xoves día 25, alumnado de Administración (1ºCSADG01 e 2ºCMADG01) e automoción (1ºCMTMV02 E 2º CBTMV11), puideron visitar as empresas Vepersa e Copervi na cidade de Vigo, concesionarios Audi e Seat-Volkswagen, ambos pertencentes ao grupo Pérez Rumbao, empresa galega líder do sector da automoción en Galicia.

Da man do Director Xerente de Vepersa, D. José Fiel,  tiveron a oportunidade de visitar as instalacións de esta empresa de referencia no sector da automoción. Ao longo da visita faláronlles do seu posicionamento dentro do tecido industrial, organización da actividade, funcionamento e claves de éxito, así como da demanda,  os últimos avances no sector e da importancia de contar cun capital humano (os traballadores) moi profesionalizado e implicado co seu traballo.

Como actividade do programa  EduTecEmprende da Xunta de Galicia, foi esta unha estupenda oportunidade de coñecer de primeira man unha das empresas punteiras da nosa autonomía, 

Grazas  ao persoal da empresa que acompañou o noso alumnado na visita con total entrega e  amabilidade, e grazas tamén ao alumnado pola súa participación e interese.

O IES A SANGRIÑA EN EDUGAL 2023

O pasado xoves 5 de outubro, o alumnado de Ciclos de  Automoción e de Administración e Finanzas visitaron EDUGAL (Salón de oferta en educación e formación de Galicia) celebrado do 4 ao 6 deste mes en Pontevedra. Neste certame  o alumnado de Automoción do IES A Sangriña participou organizando un stand e realizando, en directo, unha demostración de vinilado sobre a carrozaría dun vehículo eléctrico dando así a coñecer as competencias do noso alumnado a toda Galicia. Noraboa por ese traballo tan ben feito!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut