Skip to Content

Automoción

Departamento de Automoción

Alumnado de ciclos realiza as prácticas no estranxeiro

24/03/2015 00:00
Etc/GMT+1

Durante estas últimas semanas fomos despendido ao alumnado de ciclos medios e superiores do IES A Sangriña que marchou realizar as súas prácticas noutros países europeos. Desta volta, Plymouth e Londres, en Reino Unido; Caserta, en Italia; e Lisboa, en Portugal serán os destinos.

Todas estas prácticas forman parte do proxectos KA 102, con 18 participantes, e KA 103, con 2 participantes.

  

 

Noticia no Faro de Vigo sobre os proxectos Erasmus+ da Sangriña

31/03/2015 00:00
Etc/GMT+1
O Faro de Vigo de hoxe, 31 de marzo de 2015, publica unha noticia sobre o noso centro co gallo das prácticas que o alumnado de ciclos medios e superiores están a levar a cabo en países estranxeiros, grazas aos Programas Internacionais Eramus+ organizados no centro.
Podedes acceder á noticia aquí
 

Alumnado de ciclos realiza as prácticas na illa de Madeira

12/05/2014 21:00
21/06/2014 21:00
Etc/GMT+1

Oito alumnos e alumnas dos ciclos de Automoción, Administrativo e Informática están a realizar o segundo período de Formación en Centros de Traballo (seis semanas) na illa de Madeira, a través do Programa Internacional Leonardo Da Vinci.

As empresas e institucións que acolleron a este alumnado teñen un gran prestixio tanto a nivel local como estatal, e entre elas podemos citar o Reitorado da Universidade de Madeira, ZAGOPE (empresa de gran tamaño, de doce mil traballadores, dedicada a grandes obras civís), ou empresas do sector da automoción e da informática.

A mobilidade comenzou o 12 de maio e remata o 21 de xuño. 

O grupo de alumnos, acompañados polas profesoras Teresa Álvarez Rodríguez e Ana González Vuelta.

 

A residencia universitaria.
 
 
Unha das nosas alumnas, no seu centro de traballo.

Reportaxe da TVG sobre un estudo do Departamento de Automoción

16/03/2014 19:00
Etc/GMT+1
A TVG realizou durante este curso unha reportaxe sobre a investigación que están levando a cabo no Departamento de Automoción do IES A Sangriña, centrada no uso do gas licuado como combustible para os coches. Podedes ver a reportaxe aquí, ou ben premendo neste enlace.
Distribuir contido


by Dr. Radut