Skip to Content

Automoción

Departamento de Automoción

Coleccións privadas de vehículos da comarca

22/11/2016 08:20
Etc/GMT+1

O pasado martes 22, o alumnado de Automoción, acompañado polo seu profesorado, visitou unha serie de coleccións privadas de vehículos.

A primeira que coñeceron foi a de Manuel Gómez, en Mañufe (Gondomar), onde puideron ver pezas exclusivas e de gran valor. Cabe destacar o primeiro vehículo fabricado en serie en Europa do marqués de Dion, un Dion & Buton que conta cun motor de explosión de 4 tempos e unha soa válvula, unha peza moi especial.

Tamén visitaron a colección de Manolo Ferreira, colección de altísimo valor económico, e nela os alumnos puideron ver moitas pezas únicas de grande interese técnico.

Mobilidades do alumnado de Ciclos Formativos

26/04/2016 08:00
24/06/2016 20:00
Etc/GMT+1

Este curso unha parte do alumnado de ciclos medios está a realizar parte das prácticas no estranxeiro. Trátase do Proxecto Europeo KA102, coordinado no noso centro por Teresa Álvarez.

Desde abril ata finais deste mes de xuño, Miriam Lechuga, Manuel Pereira, Borja Pérez e Emanuil Petrov realizarán parte da FCT en Terni (Italia), e Pablo Fernández, Adrián Álvarez, Brais Grandín e Alberto Dios, en Lisboa (Portugal).

 

Mobilidades do alumnado de Ciclos Formativos

Este é xa o cuarto ano consecutivo en que se efectúan mobilidades que incentivan a formación e o desenvolvemento persoal do noso alumnado de Ciclos Formativos. Durante este curso estanse a levar a cabo dous proxectos coordinados por Teresa Álvarez, a saber:

  • PROXECTO 2015-1-ES01-KA102-014662. Destino: Terni (Italia).
    Esta mobilidade iniciouse o 18 de marzo e finaliza o 15 de xuño de 2016, e nela están involucrados dous alumnos titulados do ciclo medio de Sistemas microinformáticos e redes, Felipe Villa e Fabiola Castro, e mais un titulado do ciclo medio de Electromecánica de vehículos, Isaac Rodríguez. Este alumnado realizará as prácticas en empresas de Terni, dentro da súa formación no marco de Erasmus +. 
  • PROXECTO: 2015-1-ES01-KA103-013372. Destino: Lisboa (Portugal).
    Esta mobilidade iniciouse este mes, o 1 de abril, e finaliza tamén o 30 de xuño, e nela participan dúas alumnas do ciclo superior de Administración e Finanzas, María Elena Llanes e Blanca Ana Aparicio. O obxectivo desta mobilidade é que estas alumnas cursen o módulo da FCT (Formación en Centros de Traballo) en Lisboa. 

Ambas as dúas son actuacións dirixidas a innovar e mellorar a calidade do ensino da Formación Profesional, reforzando a colaboración co sector produtivo.

Actividades do Departamento de Automoción

No mes de xaneiro, na semana do 16, os alumnos de segundo curso de ElectromecÁnica e Carrozaría asistiron durante catro días ao Reino Unido, ás cidades de Londres e Birmingham, lugar onde tivo lugar a celebración do salón do automóbil "Motorsport Birmingham".

Nesta viaxe, os alumnos puideron visitar durante tres días a cidade de Londres, e gozar dos innumerables museos e das zonas turísticas máis bonitas da cidade. O sábado 16 visitaron o salón Motorsport Birmingham, salón moi importante do automóbil, onde puideron ver a infinidade de vehículos de competición que alí se amosaban, así como dos postos dos fabricantes máis importantes do mundo de motores e caixas de cambios.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut