Skip to Content

Cousas, de Castelao

07/02/2017 11:00
07/02/2017 14:00
Etc/GMT+1

momento da representación

O alumnado de ESO e Bacharelato asistiu, o martes pasado, día 7 de febreiro, á representación teatral da adaptación da obra Cousas de Castelao por parte da compañía Os Quinquilláns Teatro. Arredor duns cento cincuenta alumnas e alumnos do centro, desde 2º de ESO ata 2º de Bacharelato, acompañados por todo o profesorado do Departamento de Lingua e Literatura Galega, gozaron ese día co espectáculo que a dita compañía ofreceu no Auditorio do Rosal.

A obra Cousas de Castelao é a base dun texto no que Lucho Penabade e Tero Rodríguez recollen os grandes temas abordados polo autor rianxeiro -desde o amor á morte pasando pola soidade, a emigración ou a xustiza social- ao tempo que dan forma a unha obra de teatro dentro do teatro. Penabade e Rodríguez dan vida nestas Cousas a Xosé e Teresa, dous actores que tamén se enfrontan ao reto de dar vida, á vez, aos relatos de Castelao.



event | by Dr. Radut