Skip to Content

Visita cultural a Ourense, homenaxe a Carlos Casares, autor das Letras 2017

10/05/2017 08:00
10/05/2017 08:20
Etc/GMT+1
Grupo
Un grupo de cincuenta alumnos e alumnas pertencentes a 4º de ESO e 1º de Bcaharelato viaxaron o mércores, 10 de maio, a Ourense co gallo de resaltar a figura de Carlos Casares, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2017.
Acompañados polos docentes María José Guerra, Denis Vicente e Neves Rodríguez, realizaron en primeiro lugar un roteiro literario pola cidade auriense. Neste percorrido, guiados por un experto do Concello, puideron escoitar importantes referencias e anécdotas en torno a grandes autores de Ourense: Otero Pedrayo, Vicente Risco, Blanco Amor, Méndez Ferrín e, por suposto, Carlos Casares, de quen visitaron, ademais, a exposición sita na Rúa do Paseo.
Rematado o roteiro, o Centro de Interpretación das Burgas foi a seguinte e última parada na cidade. Logo puideron comer ao aire libre e gozar dun baño nas Termas de Outariz, para finalizar esta interesante viaxe cultural en Trasalba, coa visita da fermosa casa familiar de Otero Pedrayo.


event | by Dr. Radut