Skip to Content

VIAXE CULTURAL A PARÍS

A semana pasada, do martes 10 ao domingo 15 de abril, o Departamento de Francés levou a cabo unha viaxe cultural a París.
A actividade estivo dirixida para o noso alumnado de 3º e 4º ESO e 1º Bach, ainda que se fixo xunto co profesorado e alumnado de 1º e 2º Bach do IES Val do Tea, de Ponteareas.
O martes día 10 chegaron ao aeroporto de Orly (París) ás 11:20h, e foron visitar o Palacio de Versailles.
Pola tarde regresaron a París para facer un percorrido nocturno pola cidade antes de ir descansar ao hotel.
O mércores dedicárono a visitar a Place de la Concorde, a Opéra Garnier, a Place Vendôme, as Galeries Lafayette, o Xardín des Tuileries e o Arc du Carrousel. Antes da hora do xantar foron ao Musée du Louvre. Pola tarde tocou a Catedral de Notre-Dame e o Palais de Luxembourg.
O xoves coñeceron o Arc du Triomphe, o Trocadéro, a Tour Eiffel, os Champs de Mars, foron en barco polo río Sena e finalmente visita a Montmartre.
 
O venres pasaron o día en Disneyland París e o sábado regresaron en bus ata Burdeos. Visitaron tamén a cidade de Bordeaux, para rematar volvendo a España o domingo.


story | by Dr. Radut