Skip to Content

Comeza a posta en marcha da metodoloxía experimental no programa STEMBach

Os proxectos avanzan e, neste caso, dous (Lucía e Brais) dos que formamos parte do grupo STEMBach-A Sangriña empezamos a traballar no laboratorio para determinar as condicións nas que podemos manter en cultivo individuos da ameixa asiática (Corbicula fluminea). Tamén estivemos facendo unha disección dalgúns individuos para estudar a súa anatomía.

O obxectivo dos nosos proxectos é empregar este bivalvo para determinar os efectos nos seres vivos da contaminación por hidrocarburos, metais pesados e microplásticos.

Corbicula fluminea é un bivalvo de auga doce orixinario de Asia. Presenta una dinámica invasiva ao colonizar ríos, canles e lagos, onde vive semienterrada nas capas superficiais do sedimento (Mouthon, 2001). No río Miño constitúe un serio problema ecolóxico, onde acada altas densidades poboacionais convertíndose nunha especie invasora que despraza as poboacións naturais doutros bivalvos. Aliméntase de fitoplancton e seston, pero tamén é capaz de recolectar material orgánico do sedimento (Mouthon, 2003), o cal contribúe a que C. fluminea sexa un serio candidato para ser utilizado como molusco centinela de auga doce en programas de monitoreo ambiental (Vidal et al. 2002). Desde un punto de vista ecotoxicológico, C. fluminea é un modelo moi interesante xa que vive enterrado nos sedimentos superficiais, filtrando grandes volúmenes de auga (preto de 10 l/ ameixa/ día) e consecuentemente pode bioacumular grandes cantidades de metais (MS Diniz et al. 2008).

Para saber máis accede ó noso BLOG (https://stembach.blogspot.com/)

 

   



story | by Dr. Radut