Skip to Content

EMPRESA FAMILIAR NAS AULAS

A pasada semana o noso alumnado de Economía asistiu a distintas actividades como complemento aos contidos estudados nas aulas.

O luns 28 de marzo, dentro do programa “Empresa familiar nas aulas”, desenvolvido desde a Asociación Galega da Empresa Familiar en colaboración con AFUNDACIÓN, o alumnado de 1º de Bacharelato e o alumnado da materia de FuAX de 2º de Bacharelato, asistiu á charla impartida por Antón Fonseca, Vicepresidente do Grupo Terras Gauda, que nos falou da historia, liñas de negocio e retos aos que se enfronta nestes tempos convulsos, ademáis de amosarnos a importancia das empresas familiares na creación de emprego, riqueza e fixación de poboación no territorio.

A actividade completouse o venres 1 de abril coa visita do alumnado á bodega e aos viñedos Terras Gauda, onde foron recibidos polo Director Xeral do grupo e acompañados pola Coordinadora de Enoturismo.

O mércores 30 de marzo o alumnado de 4º da ESO de Economía e IAEE asistiu á charla “Comportamento Financeiro Responsable” impartida por Carlota Sánchez-Montaña Puga, Coordinadora Adxunta da Área de Educación Superior de IESIDE, que reflexionou sobre a necesidade de dispor da información necesaria para a toma de decisión sobre inversión e gasto que nos permita evitar situacións de risco financeiro.

Grazas a todos os relatores e relatoras por dedicarnos o seu tempo!



story | by Dr. Radut