Skip to Content

PARTICIPACIÓN NA OLIMPÍADA MATEMÁTICA 2022

O pasado 21 de abril participamos na Olimpíada Matemática, na fase de zona, que tivo lugar no IES Castelao, en Vigo. Os alumnos participantes, Simón Baz Matos, David Correa Fernández, Brais Baz Vicente e Lucas Martínez Domínguez, de 2º de ESO, tiveron que resolver cinco problemas de matemáticas en dúas horas.
Na fotografía, o alumnado acompañado polas profesoras do Departamento de Matemáticas Edita Astrar e Laura Martínez.



story | by Dr. Radut