Skip to Content

Conferencia sobre "sobreexplotación pesqueira"

O pasado 9 de maio, alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO e 1º de Bacharelato asistiron a unha conferencia impartida por Isabel Riveiro, sobre a sobreexplotación pesqueira.

Isabel Riveiro é doctora en Ciencias do Mar e investigadora no Instituto Español de Oceanografía (IEO). Desenvolve o seu traballo de investigación en ecoloxía de animais peláxicos. Durante a súa ponencia Isabel Riveiro analizou as causas da sobreexplotación dos bancos pesqueiros asociadas principalmente ó exceso de frota pesqueira e o elevado número de descartes, polos que se capturan e desbotan gran cantidade de especies que carecen de interés comercial. Entre as posibles causas a este problema, Isabel Riveiro falou da necesidade de coñecer as poboacións naturais a través dos datos das capturas e das campañas científicas; da necesidade de coñecer a comunidade de seres vivos que cohabitan nun mesmo ecosistema; das medidas legais adoptadas (tallas mínimas, vedas, áreas mariñas protexidas, control de capturas, etc) e da necesidade de sensibilización social.

A conferencia foi organizada gracias á colaboración que o IES A Sangriña ten co Campus do Mar da Universidade de Vigo a través dos contratos programa ó abeiro do Proxecto Oceantica que pretende achegar a investigación científica ó alumnado de secundaria.

Pronto poderás ver a conferencia a través do CAMPUS DO MAR TV. De momento podes ver esta conferencia de Emilio Fernández noutro Centro educativo de secundaria, dentro do mesmo proxecto de Oceantica: IS IT POSSIBLE TO ALWAYS GROW? A TOUR OF THE OTHER CRISIS SINCE THE OCEANS

 



story | by Dr. Radut