Skip to Content

Normalización Lingüística

O EDLG promove o cinema en galego

Cinema en galego

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES A Sangriña está a levar a cabo unha campaña de promoción de filmes aos que o alumnado pode acceder no noso idioma en diferentes plataformas como Netflix, Amazon Prime, RTVE Play, Filmin ou a propia web da TVG.

Os filmes están a ser divulgados cun grande mural ubicado no vestíbulo do centro onde se penduran carteis de elaboración propia que inclúen unha imaxe da película e unha breve sinopse. Ademais, estes mesmos materiais están a ser difundidos diariamente nas redes sociais do EDLG (tedes a ligazón ao Instagram nunha icona na marxe dereita desta web).

Boa parte dos contidos poden localizarse tamén na web https://pipocas.amesa.gal da Mesa pola Normalización Lingüística, repositorio que vos convidamos a visitar.

Actividades do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Actividades EDLG novembro 2023

Compartimos con vós algunhas fotografías das diferentes actividades organizadas durante o último mes polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Lingua Galega.

Luís "O Caruncho" impartiu no noso centro un fantástico Obradoiro de Regueifa, no que participou o alumnado de 2º de ESO. Entregáronse os premios do III Certame de contos de misterio e terror. QUEN DIXO MEDO!!! e o alumnado celebrou o magosto cunha xornada lúdica onde ademais de comer as castañas que tan ben nos preparou o alumnado do ciclo de Mantemento de Vehículos todos e todas gozaron de practicar unha grande variedade de xogos populares.

LETRAS GALEGAS 2023

OS MAIOS

Neste vídeo queremos compartir con vós a celebración da festa dos Maios no IES A SANGRIÑA do ano 2023. Alumnos e alumnas de 1º de ESO puxemos un grande maio no instituto e un panel informativo. Despois fomos visitando todas as aulas do centro para poñer un maio en cada porta. O vídeo acompáñase do poema de Curros Enríquez "O Maio", musicado por músicos galegos para un proxecto do Consello da Cultura Galega. Os textos son de orgullogalego.gal.

Distribuir contido


by Dr. Radut