Skip to Content

Normalización Lingüística

Teatro: A raíña Catarina e as súas fillas

11/04/2011 18:00
11/04/2011 19:30
Etc/GMT+2

O día 11 de abril estreouse a obra A Raíña Catarina e as súas fillas, baseada n´O rei Lear, de Shakespeare. O alumnado do IES A Sangriña que formo o grupo de teatro do Falabarato ofreceu unha representación para 2º e 3º de ESO e outra para familias.

ELENCO

Sabela González Rodríguez, Andrea Araujo Alonso, Lucía González Alonso, Borja Araujo Alonso, Noelia Gómez González, Sheila Dacosta Ferreira, Cristina Eiras Rodríguez, Aloia Fernández Álvarez, Rubén Cividanes Baz e Ricardo Dorado Riveiro.


Obradoiro: o xogo teatral

08/04/2011 09:00
10/04/2011 20:00
Etc/GMT+2

Os días 8,9 e 10 de abril, no IES A Sangriña tivo lugar un obradoiro de formación teatral, dirixido por Fran Rei da compañía Os sete magníficos máis un. No obradoiro, "O xogo teatral", participaron 18 persoas, moitas delas do grupo de teatro "O Falabarato".

 


I Festa da Lingua do IES A Sangriña


Nos días 23, 24 e 25 de febreiro de 2011 tivo lugar no IES A Sangriña a I Festa da Lingua, organizada polo alumnado do Equipo de Normalización da Lingua Galega, especialmente por Alba Cividanes Ortega e Andrea Araújo Alonso. 

Celebráronse actividades de enorme calidade, entre as que destacaron as conferencias de Carlos Callón e Séchu Sende, así como o tributo a Rosalía de Castro, que se reproducen a continuación.

No blogue do Equipo de Normalización da Lingua Galega, creado polo alumnado, pódese atopar máis información.

Conferencia de Carlos Callón

Conferencia de Séchu Sende

Tributo a Rosalía de Castro

Exposición sobre Carvalho Calero no IES A Sangriña

O alumnado do Equipo de Normalización da Lingua Galega convida a todas as persoas que o desexen a visitar no IES A Sangriña a exposición Carvalho Calero da Fundaçom Artábria.

cartaz carvalho calero

 

Distribuir contido


by Dr. Radut