Skip to Content

Programas Internacionais e Intercambios

En marcha pola inclusión: alumnado e profesorado do IES A Sangriña viaxan a Antalya (Turquía)

O IES A Sangriña (A Guarda) está a participar nun programa Erasmus + que promove a igualdade e a inclusión de minorías sociais xunto con outros centros educativos de secundaria e de formación profesional en Turquía, Alemaña e Italia. Este proxecto lingüístico e cultural desenvolverase ao longo de tres cursos académicos. A primeira das inmersións tivo lugar en Antalya (Turquía) desde o 15 ao 19 de maio do presente curso escolar. As rapazas que viaxaron desde o noso IES tiveron a oportunidade de participar en diversas actividades con rapaces e rapazas de distintas raíces e estiveron ademais aloxadas con familias locais, puidendo así compartir experiencias e integrarse dun xeito máis real. Elas presentaron tamén o noso centro e o noso sistema educativo ao instituto colaborador en Turquía e tres profesores do centro acompañáronas ata a propia cidade de destino, participando tamén desta experiencia cultural. Xa de regreso, comezamos a preparar a próxima estadía, que será desta volta en Galicia, no IES A Sangriña.

Intercambio IES A Sangriña – Lycée Bernard Palissy

No marco da actividade que dúas das nosas alumnas, María Lima e Uxía Cividanes, de 1º e Bacharelato iniciaron o primeiro trimestre coa súa estadía no lycée Bernard Palissy de Agen (Nouvelle-Aquitaine, Francia) durante un mes e medio, recibimos agora na nosa vila e instituto ás súas correspondentes. As dúas rapazas estudan en Francia o Bachibac e aproveitan esta inmersión para coñecer de preto os nosos referentes culturais e tamén para practicar a lingua castelá e, como valor engadido, para descubrir un pouco a nosa lingua autonómica, o galego.

Esperamos que lles guste A Guarda e Galicia, e que poidan aprender moito con nós e nós con elas.

Sede moi benvidas entre todos nós!!

 

ASIGNACIÓN BOLSAS ERASMUS

CONVOCATORIA BOLSAS ERASMUS+

CONVOCATORIA DE 9 BOLSAS ERASMUS+

 

PROXECTO KA121 VET para cursar la FCT o alumnado dos Ciclos Medios e FP Básica

7 bolsas (74 días) a realizar en países da UE :

·       

Para estudantes do Ciclo Medio de Xestión Administrativa

·       

Para estudantes do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes

·       

Para estudantes do Ciclo de Electromecánica de vehículos para realizar en Portugal.

2     

bolsas (59 días) a realizar en Portugal:

·       

Para estudantes de FP Básica de Mantemento de Vehículos

Solicitudes:

As solicitudes presentaranse na secretaría do IES A Sangriña  do 10 ao 14 de outubro de 2022

Documentos a presentar:

  • Impreso de solicitude: Anexo I
  • Curriculum Europeo (español) , debe ser elaborado en: https://europa.eu/europass/eportfolio/screen/cv-editor?lang=es
Distribuir contido


by Dr. Radut