Skip to Content

Portugués

Departamento de portugués

Conto das Três Nozes que eram romãs

15/04/2016 18:30
15/04/2016 19:30
Etc/GMT+1
O pasado venres 15 de abril, o Grupo Amador de Teatro Eu.Experimento do Camões-Centro Cultural Português em Vigo, representou o Conto das Três Nozes que eram romãs, que eram maçãs, que eram... dirixido por Vanesa Sotelo. O Departamento de Portugués do noso instituto, xunto coa Concellería de Cultura e o Instituto Camões foron os organizadores desta actividade cultural que foi recibida con entusiasmo por un numeroso e diverso público, onde destacaba a elevada presenza de nenos e nenas, que seguiron de maneira moi activa o xogo teatral. Obviamente, tamén asistiron moitas persoas do IES A Sangriña. Esperamos poder seguir ofrecendo este tipo de propostas culturais dirixidas á xente da nosa contorna interesada en aproximarse e mergullarse na riqueza lingüística e cultural da lusofonía.
 

Teatro en Portugués

O CONTO DAS TRÊS NOZES QUE ERAM ROMÃS QUE ERAM MAÇÃS QUE ERAM...


VENRES, DÍA 15 DE ABRIL, ÁS 19.30 h.

NO CENTRO CULTURAL DA GUARDA


O Departamento de Portugués do IES A Sangriña, o Instituto Camões e a Concellería de Cultura da Guarda convídanvos a asistir á representación desta obra, baseada nun contro tradicional portugués. Nela, a imaxe e a música adquiren grande protagonismo e contribúen para destacar a harmonía das excelentes interpretacións con diferentes voces, ramas variadas dunha mesma e rica realidade lingüística.
Non perdades a oportunidade de gozar deste evento cultural, temos a certeza de que vos gustará.

CURSO de PORTUGUÊS (A1/A2)

Horário: 4ªs feiras (das 15h às 17h)

Público: de todas as idades

Inscrições até 5 de fevereiro

(na secretaria do IES A Sangriña - A Guarda)

GRATUITO

 

A Sangriña nos medios portugueses

21/02/2015 15:00
Etc/GMT+1

O pasado 21 de febreiro, alumnado e profesorado de Lingua Portuguesa foron entrevistados pola cadea portuguesa RTP para o seu telexornal, O Jornal da Tarde.

Podedes velo nesta ligazón, avanzando ata o minuto 24 (24:50).    


Distribuir contido


by Dr. Radut