Skip to Content

Noticias

Como xestionar mellor a túa economía?

Como xestionar as túas finanzas IES A Sangriña

Esta mañá, da man de Eduemprende, visitou o noso centro Alberto Valverde, Director da oficina do Banco de Santander da Guarda. A conferencia, organizada polo Departamento de Administración  encádrase no programa "Finanzas para mortais" da Dirección Xeral de Formación Profesional.

Na sesión, tratáronse os seguintes contidos.

  • Manexo de contas bancarias
  • Os aforros e os productos de inversión
  • Operacións financeiras
  • Medios de pago no extranxeiro

Obradoiros "Eu na rede"

Obradoiro EU NA REDE IES A Sangriña

A OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) organizou, no IES A Sangriña, o obradoiro "EU NA REDE". Esta actividade, dirixida ao alumnado de 1º de ESO, foi levada a cabo por Andrea Iglesias Fernández e pretende falar das redes desde un punto de vista positivo. O obxectivo é axudar á mocidade a evitar os problemas relacionados co uso das redes sociais.

Abriremos o luns día 20, día non lectivo de centro, para tramitar matrículas da ABAU

 a sangriña abau

A pesar de que o próximo luns 20 de maio é o día non lectivo que fóra escollido polo centro a principio de curso e aprobado pola Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Provisional; dadas as escasas datas que esta mesma consellería ofrece ao alumnado de 2º de Bacharelato para se matricular nos exames da ABAU, o IES A Sangriña abrirá excepcionalmente a súa secretaría para facilitar este trámite ao noso alumnado.

O horario de apertura será das 10:00 ás 13:00.

Para todas as actividades lectivas, o centro permanecerá pechado, tal como corresponde á natureza da xornada.

Festival das Letras Galegas 2024

web festival das letras 24

No IES A Sangriña imos celebrar o Día das Letras Galegas dunha maneira moi moi especial. Na mañá do día 16 de maio gozaremos dun grande festival de música no que estarán en concerto The Tetas’ Van e MJ Pérez. Esta actividade organízase en colaboración co Concello da Guarda e con financiamento da Deputación de Pontevedra.

The Tetas’ Van xuntouse por primeira vez no 2011 para participar nun concurso poñendo música a un poema de Ricardo Carvalho Calero, gañando o premio do público con Luisa Sorriso. Dende entón levan tocando por toda Galicia. Fan versións de clásicos do rock and roll, en inglés e en galego, reivindicando o papel da muller na escena galega.

MJ Pérez é unha das voces do panorama actual da música galega. Inicia o seu percorrido en 2014 e acumula máis de 150 concertos por toda Galicia e tamén Portugal. Suma xa catro álbums: un autoeditado e outros tres auto-producidos. Estivo presente en festivais e nos principáis circuítos musicais de Galicia.

Nas seguintes ligazóns podes escoitar un dos seus fantásticos temas:

Distribuir contido


by Dr. Radut