Skip to Content

Igualdade

Plan de igualdade

PLAN DE IGUALDADE

No adxunto pódese consultar e descargar o Plan de igualdade do IES A Sangriña, aprobado no ano académico 2019 - 2020.

O Plan de igualdade (ou plan coeducativo) é un documento programático a través do cal os centros educativos poden recoller as medidas de acción positiva para abordar a promoción da igualdade entre mulleres e homes e para sensibilizar, previr e intervir fronte á violencia machista, que inclúe a violencia de xénero e a LGBTIfobia.

E ti, só ti

08/03/2020 12:00
Atlantic/Bermuda

No Grupo de Igualdade do instituto estamos a ensaiar un baile cunha canción de ‪Sés. Queremos facer un vídeo para conmemorar o ‪8 de marzo‬, Día Internacional das Mulleres. Ven e goza bailando en cada segundo recreo!!!

Elisa e Marcela

O venres 14 de febreiro no salón de actos do IES A Sangriña, para o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, ELISA E MARCELA, Historia que parece conto.

 

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Como sabedes, desde a semana pasada estamos a levar a cabo un ciclo de charlas de prestixiosas científicas galegas no noso centro. Con esta actividade perseguimos varios obxectivos, entre os que podemos destacar dar a coñecer o labor destas mulleres de ciencia, rachar con estereotipos de xénero ou ofrecer referentes á rapazada. Máis información aquí.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut