Skip to Content

ESO

Datas para as recuperacións de materias pendentes – ESO

Exames de pendentes ESO IES A SANGRIÑA

Publicamos a continuación as datas entre as que deben encadrarse as probas oficiais de pendentes da Educación Secudaria Obrigatoria no IES A Sangriña. En consecuencia, o profesorado coordinará co alumnado que teña que facer os exames de recuperación a súa realización nos días asignados, pasando a ter esta prevalencia sobre o resto de actividades do centro.

Datas para a calendarización dos exames de recuperación:

  • Luns 6 de maio.
  • Martes 7 de maio.
  • Mércores 8 de maio.
  • Xoves 9 de maio.

Avaliación de Diagnóstico - 2º de ESO

Probas diagnósticas

O IES A Sangriña realizará, entre os días 10 e 11 de abril, a Avaliación de Diagnóstico programada pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa | Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para o seu alumnado de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Desde o centro, aproveitamos para lembrar ás familias do noso alumnado que a corrección deste tipo de probas é totalmente anónima e que baixo ningún concepto poderán afectar ás cualificacións dos seus fillos e fillas en ningunha das materias das que os e as estudantes serán avaliados.

Realizaranse probas de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, Inglés e Matemáticas. Destes materiais existirán adaptacións habilitadas para o alumnado con protocolos derivados de necesidades especiais de aprendizaxe.

Se ben é certo que os centros si serán avaliados e recibirán un informe sobre o seu desempeño, hai que lembrar tamén que está totalmente prohibido por lei a elaboración de clasificacións de centros baseadas nesta información.  Os devanditos informes deberán ser empregados polos centros para deseñar aquelas medidas de mellora que, en consecuencia, se estimen oportunas.

Obradoiro "TALENTO MOZO"

Talento mozo ies a sangriña

O mércores 13 de marzo tivo lugar, no IES A Sangriña, un dos obradoiros Talento Mozo. Unha actividade organizada polo Departamento de Orientación do centro e asociada a un programa da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

Os relatores deste obradoiro foron Pablo Franco Corbacho (analista de datos e emprendedor) e  Guisantes Batán (tecnólogo de alimentos e investigador. O obxectivo do programa é dar a coñecer traxectorias relevantes de mozas e mozos galegos que destacan profesionalmente en ámbitos diversos pola súa creatividade, innovación e impulso. Os destinatarios da actividade foron os alumnos e alumnas de 4º de ESO e procurouse que a actividade servise como estímulo e incentivo para a súa capacidade de análizar e reflexionar sobre a realidade que os rodea.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Convocadas as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.

As solicitudes recóllense en conserxería e, unha vez cubertas, debedes presentalas coa documentación necesaria na secretaría do centro.

As solicitudes tamén poderán presentarse na Sede Electrónica da Xunta de Galicia

PRAZO: do 20/5/2023 ao 21/6/2023.

Máis información nos adxuntos. Imporante ler a circular adxunta.

Distribuir contido


by Dr. Radut