Skip to Content

Francés

Departamento de Francés

Intercambio IES A Sangriña – Lycée Bernard Palissy

No marco da actividade que dúas das nosas alumnas, María Lima e Uxía Cividanes, de 1º e Bacharelato iniciaron o primeiro trimestre coa súa estadía no lycée Bernard Palissy de Agen (Nouvelle-Aquitaine, Francia) durante un mes e medio, recibimos agora na nosa vila e instituto ás súas correspondentes. As dúas rapazas estudan en Francia o Bachibac e aproveitan esta inmersión para coñecer de preto os nosos referentes culturais e tamén para practicar a lingua castelá e, como valor engadido, para descubrir un pouco a nosa lingua autonómica, o galego.

Esperamos que lles guste A Guarda e Galicia, e que poidan aprender moito con nós e nós con elas.

Sede moi benvidas entre todos nós!!

 

Le tour du monde de Nellie Bly

O pasado xoves 2 de marzo o noso alumnado de francés tivo a ocasión de asistir no centro cultural de Beade e da man de BHM Producións á peza de teatro “A volta ao mundo de Nellie Bly”, baseada na propia novela A volta ao mundo en 80 días de Xulio Verne. Puideron gozar desta famosa historia novelesca en formato dramático e, grazas á montaxe do escenario, puideron percorrer virtualmente o mesmo periplo do propio Phileas Fogg en 1872. Velaquí algunha mostra visual desta experiencia cultural e xeográfica tamén.

Reunión do alumnado da viaxe a París.

Alumnado do centro obtivo o DEPLE e o DELF (B1)

Este curso, algunhas alumnas e alumnos de Portugués e Francés, animados polo profesorado que imparte estas materias, presentáronse ás probas libres para obter o B1.

Os alumnos Alex Rodríguez Guisantes, David Domínguez Vasconcellos, Miguel Moreira Rodríguez, Alberto Romeu García e Raúl Méndez García acudiron este curso acompañados polo seu profesor Alberto Viso Outeiriño aos exames libres. Superaron con moito éxito as probas do Instituto Camões, Universidade de Lisboa e o Ministéiro de Negócios Estrangeiros de Portugal para a obtención do DEPLE, equivalente ao B1 no marco de referencia europeo para o coñecemento de linguas estranxeiras. As notas dos nosos rapaces estiveron entre o notable e o sobresaliente.

Asemade, examináronse por libre do DELF, proba equivalente ao B1 de lingua francesa, Víctor Adrover Amado, Gonzalo Español Alonso, Claudia Gómez Lomba, Diego Lima González e Sandra Martínez Alonso, acompañados pola súa profesora Rosalina Domínguez Muíños, quen os preparou durante o curso para este exame.

Muitos parabéns e félicitations a este grupiño de alumnas e alumnos! E, por suposto, tamén aos seus profesores Alberto Viso e Rosalina Domínguez, quen prepararon e acompañaron a este grupiño de rapazas e rapaces!

Na foto, o alumnado no exame de francés. 

Distribuir contido


by Dr. Radut