Skip to Content

Actividades e premios alumnado Economía

 

Voltar | Recursos | Exames PAU Economía da empresa | Saídas e visitas | Lecturas na rede | Actividades e premios

Natalia Gómez Orgeira, gañadora das XIII Olimpíadas Galegas de Economía

Natalia Gómez Orgeira, alumna de 2º bacharelato do noso centro foi a gañadora das XIII Olimpíadas Galegas de Economía, celebradas na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo o pasado 16/03/2023. O seu 1º premio concedeulle o dereito a participar na XIV Olimpiada Española de Economía, organizada pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Sevilla, entre o 19 ao 21 de xuño de 2023. Moitos parabéns!

 

Na fase final das Olimpíadas Nacionais, Natalia estivo acompañada dos outros dous finalistas de Galicia:

  • Sabela Díaz Fernández, do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.
  • Javier Barros López, do Colexio M. Peleteiro de Santiago.

Se ben ningún dos tres alumnos/as de Galicia resultou premiado na fase final en Sevilla, tanto o alumnado como o profesorado acompañante, valoramos positivamente a experiencia de ter participado no evento. 

 

Cartel interactivo Consumópolis - Alumnado 4º ESO (Curso: 2021-2022)

 

 

IX edición RETO ALCOA 2010-11: IES DAVID BUJÁN FINALISTA EN MADRID

Nesta edición do certame, un equipo do noso centro (4º ESO) formado por Melina Sánchez, Pablo Dubra e Alejandro Gómez clasificáronse entre os 8 equipos finalistas de toda España con dereito a participar na final celebrada en ESADE (Madrid).

Reto Alcoa é un exercicio de simulación por ordenador, no que diferentes compañías virtuais integradas por estudantes, compiten na produción e venda dun produto. Cada grupo de estudantes debe crear unha "compañía" na que exercen como "directivos" e na que teñen que adoptar todas as decisións.  A competición realízase entre equipos de centros das zonas de influencia das plantas de Alcoa. Lévase a cabo utilizando un software desenvolvido por "Junior Achievement", que simula o funcionamento dun mercado competitivo.

 

 

3ª edición de PLAY, DESAFÍO PARA NOVOS EMPRENDEDORES (2008-09): IES DAVID BUJÁN - 3º PREMIO

Nesta 3ª edición, os equipos finalistas de cada provincia e os premios que obtiveron foron os seguintes:

1º clasificado: IES de Foz (Lugo). Premio: cada membro do equipo recibiu un ordenador portátil e unha bolsa de estudos na Escola de Negocios Caixanova, valorada en 6.000€ e cunha validez de 10 anos.

2º clasificado: IES San Tomé de Freixeiro, de Vigo (Pontevedra). Premio: Play-Station.

3º clasificado: IES David Buján de Cambre (A Coruña). Premio: Wii.

4º clasificado: IES Escola Secundária/3 Aurélia de Sousa de Oporto (Portugal). Premio: Nintendo DS.

5º clasificado: IES Universidade Laboral (Ourense). Premio: ipod-Nano.

O equipo do noso centro estaba formado por Martina Cacheiro, Talía Sánchez, Noelia Rey, Arantxa Gómez, Alba Sanmartín e Loreto Longueira. 

 

 

 

2ª EDICIÓN DO CONCURSO DA AULA VIRTUAL DO BANCO DE ESPAÑA (2008): IES DAVID BUJÁN 1º PREMIO

O Banco de España co obxectivo de desenvolver a educación financeira e dar a coñecer as funcións dun banco central, creou en novembro de 2006 a Aula Virtual, un portal educativo para difundir a cultura financeira, fundamentalmente entre os máis novos/as.

No curso 2007-08 celebrouse a 2ª edición do concurso, que versou sobre os contidos da Aula Virtual, en dúas fases:

1. Unha primeira fase consistente na resolución dunha proba obxectiva tipo test con preguntas relacionadas coas funcións dun banco central.

2. Unha segunda fase, na que os 25 equipos mellor clasificados na 1ª fase debían elaborar un ensaio expositivo sobre o tema "O Banco de España e o Eurosistema; 10 anos de estabilidade", resultando gañador o equipo do noso centro formado por Iago Castro Varela, Sara Gil Gestal, Carlos Javier Gómez Robles, Rebeca Lendoiro Rodríguez, Noelia Mecías Torre, Joel Elvin Reyes de la Rosa, Alba Sánchez García e Santiago Vázquez Bello.

Os traballos presentados á 2ª fase foron avaliados por un xurado composto por representantes do Banco de España, do Banco Central Europeo, do Centro de Estudos Monetarios e Financeiros (CEMFI) e da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade Complutense de Madrid.

A entrega de diplomas por parte do gobernador do Banco de España, Sr. D. Miguel Ángel Fernández Ordóñez, tivo lugar o 23 de xuño de 2008 na sede do Banco de España en Madrid. Con anterioridade, o 17 de xuño de 2008, visitaron o centro o Director da sucursal do Banco de España na Coruña, acompañado por Rocío Zavala e José Luis Casarrubios, da División de Imaxe Institucional do Banco de España, para facer entrega dos ordenadores portátiles correspondentes ao 1º premio.

 Enlace co ensaio gañador

 

 

Para máis información sobre o concurso e fotografías, pódese visitar o sitio web da Aula Virtual do Banco de España

 

 

 

 

VI PREMIO GALICIA INNOVACIÓN JUNIOR (2008): IES DAVID BUJÁN - Accésit
Este certame da Consellería de Innovación e Industria ten como obxectivo estimular o espírito creativo e a capacidade innovadora dos mozos e mozas.
Na edición de 2008, entre as oito propostas seleccionadas de toda Galicia figuraba a dun alumno do noso centro, Carlos Javier Gómez Robles, denominada “VAXEO”, consistente no deseño dun dispositivo que evita o contacto dos beizos e a boca cos cubos de xeo con que son servidas moitas bebidas.  
Vaxeo”, de Carlos Javier Gómez Robles, obtivo un dos accésits na categoría de 16 a 18 anos e foi premiado cunha cámara de vídeo dixital.
 
 
 
2ª edición de PLAY, DESAFÍO PARA NOVOS EMPRENDEDORES (2007-08): IES DAVID BUJÁN - 5º PREMIO

Play! Desafío para Novos Emprendedores, foi un concurso de xestión empresarial que desenvolvía a desaparecida Caixanova (actual Abanca) para fomentar a vocación emprendedora entre os estudantes de bacharelato de toda Galicia e Norte de Portugal. O alumnado participante xestionaba unha empresa virtual de produtos lácteos, elaborando cada semana un plan de xestión para un ano co obxectivo de competir nun mercado virtual integrado por empresas que xestionaban tamén desde outros centros. O concurso desenvolvíase a través de 3 fases eliminatorias a través da internet. A final, no entanto, tivo carácter presencial na sede social de Caixanova en Vigo.

Os cinco equipos finalistas (un de cada provincia galega e un de Portugal), foron os que mellor xestionaron as súas empresas nos seus respectivos mercados (provincias) e obtiveron os maiores beneficios. Nesta 2ª edición foron:

1º clasificado: IES Escola Secundária/3 Aurélia de Sousa de Porto (Portugal). Premio: cada membro do equipo portugués recibiu un ordenador portátil así como unha beca de estudos na Escola de Negocios Caixanova, valorada en 6.000 € e cunha validez de 10 anos.

2º clasificado: IES San Tomé de Freixeiro, de Vigo (Pontevedra). Premio: Play-Station.

3º clasificado: IES Nº1 de O Carballiño (Ourense). Premio: Wii.

4º clasificado: IES de Foz (Lugo). Premio: Nintendo DS.

5º clasificado: IES David Buján de Cambre (A Coruña). Premio: iPod Nano.

O equipo do noso centro estaba integrado por Sara Gil Gestal, Noelia Mecías Torre, Rebeca Lendoiro Rodríguez e Alba Sánchez García. Na fotografía xunto aos membros do equipo gañador e a súa profesora.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut