Skip to Content

Dinamización lingüística

Concurso musical (xaneiro)

Xa está aquí o concurso musical de xaneiro.

Tes que escoitar as  dúas pezas   e completar a letra (pode ser en momentos distintos). Non te esquezas de pór o teu nome (completo), curso e grupo. O 2 de febreiro, Día da Candeloria, farase o sorteo.

Se participan máis de 35 persoas sortéase unha camiseta 

Sorteo de puntos do EDLG, bocatas, lapis máxico, diploma, ..

PARTICIPA!!

 

Concurso musical Decembro 23

 

Cubre os teus datos (nome, apelidos, curso e aula) , escoita as  dúas cancións e participa no sorteo.

Gorentosos premios!

Sórtéase unha camiseta  se participan máis de 35 persoas!

Concurso musical - novembro

Xa se resolveu o concurso do mes de outubro.Proximamente entregaranse os premios aos gañadores (ver cortiza EDLG)

Co mes de novembro chega un novo concurso. Neste mes, para festexar o día 25N, temos a dúas mulleres poderosas: Ses e Guadi Galego.

Participa!!

Hai gorentosos premios.Sortéase camiseta se hai máis de 35 participantes

  • Lembra pór o teu nome, apelidos e curso antes de comezar.
  • É preciso completar as dúas cancións (aínda que pode ser en distintas veces).

 

Cinema no Buján

 

O 31 de outubro, para festexar o Samaín vaise programar esta película no salón de actos

Os mortos van á présa é un filme galego dirixido e escrito por Ángel de la Cruz que se estreou o 13 de marzo de 2009. Conta cun equipo case integramente galego, agás a actriz Neus Asensi, unha das protagonistas. Foi rodado en Ribadeo (provincia de Lugo), onde tivo lugar a estrea.

O filme narra as historias de tres parellas pertencentes a distintas xeracións, cunha vila mariñeira e as crenzas da Galicia tradicional como fondo. A historia comeza cando unha camioneira chega á vila e o seu vehículo queda atrancado nunha ponte, o que impide o traslado do cadaleito dun home acabado de finar ese mesmo día.

Dramatizando a ciencia

Convértete en creador de contido en lingua galega

"Dramatizando a ciencia" é un concurso convocado polo EDLG, que xa vai pola súa terceira edición, cuxo obxectivo é  promover a utilización do galego oral  nas ciencias e estimular a creatividade do alumnado.

Anímate e participa. Podes crear en grupo (máximo 3) ou de xeito individual. Hai que facer un vídeo, en lingua galega (1:00- 2:30 minutos, aprox.) no que se trate un tema relacionado coas ciencias. A ver esa creatividade!!

O prazo de presentación dos trabllos remata o 30 de novembro. Envía o teu vídeo á conta do EDLG (edlg@iesdavidbujan.gal). Pon tamén os datos de todos os participantes.

Aquí podes ver algúns vídeos de anos anteriores.

Tinta de limón

A serpe do faraón

 

Premio para todos os participantes

Coreografíate

Anímate, busca unha canción en galego e crea unha coreografía. Participa coa túa clase e baila, baila e ...baila

O Certame Coreografíate  é unha actividade  da AS_PG que ten por obxectivo fomentar e difundir a creación musical na nosa lingua. Así tamén se asocia a nosa lingua a momentos divertidos e agradables. Anímate. Xa hai moitas clases facendo a súa coreografía.

Lapis máxico do EDLG para todos os  participantes.

Tes toda a información aquí

Novembro: mes da Ciencia en Galego

 O 10 de novembro foi declarado pola Unesco como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento. Por este motivo dende hai 12 anos en Galiza celébrase   o Mes da Ciencia en Galego,   centrado este ano  na saúde e  nas figuras de Alexander Fleming e  Domingo García Sabell.

No IES David Buján estamos preparando unha chea de actividades  para celebrar  esta data  como se merece e mostrar a vitalidade da nosa lingua tamén neste campo.  

1. CONCURSOS

Tamén nos podemos divertir en galego e coa ciencia. Participa e xoga. Podes gañar gorentosos premios e puntos do EDLG.  Os concursos estarán abertos ata fins de novembro. Non esquezas pór o teu nome completo, curso e grupo. Os que máis puntos consigan terán premios.  

  • Mulleres científicas. A ver canto sabes?

 

  • Desafíos matemáticos. Estás preparado? 

  

 

2. CONFERENCIAS

  • Dr. Diego Martínez Santos, físico e investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías en Santiago de Compostela. Premio 2013 da Sociedade Europea de Física ao Mellor Físico Novo de Europa. "A Física de partículas no século XXI". Día 3 de novembro, ás 12:00

 

  • Dr. Francisco Javier De Toro Santos, Xefe de Servizo de Reumatoloxía do CHUAC e vicepresidente do colexio de Médicos da provincia da Coruña. Día 17 de novembro ás 12:00.

 

  • Dª Mónica Cartelle Gestal, profesora de Microbioloxía e Inmunoloxía na Universidade de Louisiana, nos Estados Unidos. Día 24 de novembro ás 12:30.

3. DRAMATIZANDO A CIENCIA

Toda a información aquí

Outras actividades dinamizadoras activas no centro.

  • Concurso musical mensual. Toda a información aquí e aquí
  • Coreografíate.Toda a información aquí 

Concurso Musical (mes outubro 2023)

Xa está aquí o concurso deste mes.  Ata o 2 de novembro podes completar as cancións, xuntas ou por separado. Entre todos os participantes sortearanse puntos de EDLG e vales da cafetaría. Sortearase unha camiseta moi chula (exposta na cortiza do EDLG) se hai 35 ou máis participacións.

 

PARTICIPA. NON ESQUEZAS PÓR O TEU NOME E CURSO

  

Distribuir contido


by Dr. Radut