Skip to Content

Dinamización lingüística

Emma Pedreira Lombardía

 

O Día do Libro (tamén denominado Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor, Día Internacional do Libro e Día Mundial do Libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor. (Fonte: wikipedia)

No IES DAVID BUJÁN  imos celebrar a data coa presenza da escritora Emma Pedreira Lombardía, autora  de libros referencias da literatura galega recente.  A actividade inscríbese, e é financiada polo  Ministerio de Cultura e Deporte, dentro das Actividades de Promoción das Letras.

A escritora terá un primeira encontro co alumnado de 1º da ESO onde, acompañada dunha maleta, falará de libros. Despois será a quenda  do alumnado de 2º da ESO,  cos que falará da súa obra.

Feliz día do libro

Concurso de creación de Marcapáxinas Letras Galegas 2023 – Francisco Fernández del Riego

O EDLG do IES David Buján  convoca un concurso de elaboración de marcapáxinas relacionados co autor homenaxeado no ano 2023 polo Día das Letras Galegas (17 de maio).

 BASES

1. Poderá participar  calquera membro da comunidade educativa do IES David Buján..

2. O marcapáxinas debe recoller algunha imaxe relacionada co autor ou a súa obra e tamén algún texto alusivo, fragmento, frase curta etc, sobre a súa obra en galego.

3. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos. O prazo de admisión rematará o 12 de maio ás 23:59 horas e o xurado dará a coñecer a súa decisión na semana das “Letras Galegas”.

4. Admitirase un traballo como máximo por cada participante.

5. Cada marcador deberá ter dúas caras, medidas de 18×5 cm, formato PNG e resolución 300dpi.

6. Os traballos enviaranse ao enderezo edlg@iesdavidbujan.gal xunto cos datos persoais da persoa participante

7. O IES David Buján realizará unha exposición con todos os marcadores presentados a concurso.

8. Haberá  gorentosos premios para todos os particpantes. O premio para o gañador é unha camiseta do Reizentolo

9. A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes bases.

Exemplos de marcapáxinas de Francisco Fernández del Riego

Certame Musical. Marzo

Entra na ligazón  e participa 

Xa se abre o concurso do mes de MARZO. Haberá, coma xa é tradicional,  un sorteo de gorentosos premios entre todos os participantes (hai que rematar as dúas cancións). Entre todos os que fagan as dúas cancións  tamén se sorteará unha camiseta que estará exposta todo o mes de febreiro na cortiza do EDLG, sempre que particpen máis de 40 persoas.

Nesta ocasión as cancións son "O mundo está derrotado", de Familia Caamagno  e "Un pobo de artistas"  de DAKIDARRÍA ft. Tanxugueiras, O Rabelo

Preme na ligazón e participa. Lembra enviar o teu nome completo  e curso.

 

O sorteo será o día 24 de abril . Aberta a participación ata o 23 de abril.

MUSIGAL 2023

Comeza o Musigal para escoller a canción do 2022 que máis nos gustou.

Participa propoñendo cancións para seren incluídas nas roldas clasificatorias. Manda as túas proposta ao edlg@iesdavidbujan.gal ( co asunto "Musigal 2022") ou informa o  profesorado de LG ou do EDLG. Podes conseguir puntos do EDLG

Tamén podes participar votando as cancións xa propostas, dende a túa sesión (coa conta do centro). Só podes votar unha vez por eliminatoria.

Para seleccionar as finalistas faranse tantas roldas como cancións se propoñan. Sortearase unha camiseta, bocatas e  puntos do EDLG entre os que voten.  

Embaixo irán aparecendo todas as elimatorias

  

XXIX Certame Literario Xoán Díaz

O IES David Buján, O IES Afonso X O Sabio e o Concello de Cambre convocan unha  nova edición  do Certame Literario Xoán Díaz.  Ata o día 15 de abril está aberto o prazo para presentar traballos de poesía, narración e microteatro nas tres categorías (de 12 a 14, de 15 a 18 e de 19 a 26). 

PARTICIPA!!

Consulta as bases

Ficha de inscrición

Premiados. Concurso musical. Febreiro

Listaxe de premiados no concurso musical de febreiro.

Parabéns

 Recoller o premio no departamento de LG

Distribuir contido


by Dr. Radut