Skip to Content

Dinamización lingüística

Premio ao Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística polo seu proxecto "Ler é só o principio"

O proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística do EDNL do IES David Buján, "Ler é só o principio", obtivo a consideración de excelente pola Consellería de Educación e foi premiado cunha dotación económica. A resolución no seguinte ENLACE.

Noraboa a súa coordinadora, Irene De Concepción, e ao profesorado e alumnado colaborador. 

MUSIGAL. Comezan as votacións

Xa están seleccionadas  as cancións finalistas para  a mellor canción galega do 2020 a xuízo da comunidade educativa do IES David Buján.

Accede AQUÍ para coñeceres as cancións finalistas e votar. 

Grazas pola túa colaboración

Cuestionario sociolingüístico

Faise este cuestionario para ter unha descrición das ciscunstancias e do uso que se fai da nosa lingua no centro. Agradecemos de antemán a túa colaboración.

Preme no teu curso

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BACH

Concurso de haikus. Premiados

Aquí están os premiados

Grazas a todos que participaron e parabéns ao premiados.

 

Certame Literario Xoán Díaz

 CERTAME LITERARIO "XOÁN DÍAZ"

 

Bases  do Certame Literario Xoán Díaz 2023

Ficha de inscripción 2023

Acta premiados 2023

Bases do Certame Literario Xoán Díaz 2022

Ficha de inscripción 2022

Acta premiados 2022

Bases do certame literario "Xoán Díaz" 2021

Premiados: acta

Bases do Certame literario 2020 "Xoán Díaz" e ficha de inscrición

 (Suspendeuse por mor da COVID-19)

A partir de 2019, o Certame literario de Cambre leva o nome Xoán Díaz, en homenaxe ao noso compañeiro, impulsor e alma máter do certame.

Documentación complementaria:

Bases 2019

PREMIADOS.ACTA

Os maios

O próximo xoves e venres, O IES David Buján vai celebrar a festividade dos maios. Durante eses días vaise elaborar o noso maio na entrada do centro. Todos podedes participar con grilandas de flores naturais. Podes pedir o material (corda, agulla, arame, ...) no departemento do EDLG

Ademais o EDLG  convoca un concurso para premiar as coplas que máis destaquen. Este ano, debido á pandemia, non se van cantar, pero todas e todos  podedes  deixar a vosa  copla no taboleiro do EDLG (deixaranse alí papeis adecuados).

Como mínimo cada paticipante debe construir dúas coplas, seguindo a tradición (2 estrofas de catro versos, de arte menor -de seis a oito versos- , rimando os pares). No reverso das coplas debe figurar o nome do autor ou autora, curso e aula. Só hai unha categoría e concederánse gorentosos premios de Aurora.

Aquí podes atopar exemplos e consellos para facer as túas coplas 

Aquí queda unha adaptación musical do poema de Curros "O maio", cuxos primeiros versos son unha copla popular  dos maios (chamada tamén maio)

Anímate e participa. Fai a túa copla e trae a túa grilanda

 

MUSIGAL 2021

O EDLG organiza un concurso en que premiará a canción preferida pola comunidade educativa do IES David Buján.

Buscamos a banda sonora  do ano 2020. Nunha primeira fase (ata o 21 de maio de 2021) todos e todas podedes propoñer pezas. De entre todas as propostas, seleccionaranse un máximo de 10 para seren votadas na segunda fase (do 22 de maio ata o 2 de xuño).  A gañadora recibirá o premio MUSIGAL 2021

Propón a túa canción enviando ao correo do EDLG (edlg@iesdavidbujan.gal)  Indicando título, intérprete e disco. 

No ano 2020 publicaron disco novo, entre outros:

GUADI GALEGO, Costuras

SÉS, Liberar as arterias

DEQUENVESSENDO, Canto das xacias

LUAR NA LUBRE, Vieiras e vieiros

SUSANA SEIVANE, Dende o meu balcón

XABIER DÍAZ,  As catedrais silenciadas, 

VERTO, Puro ocio

BOYANKA KOSTOVA, Os dous de sempre, ...

Preme para veres as propostas e poderes  votar no seu momento

Día Mundial da Lingua Portuguesa

A data de 5 de Maio foi oficialmente estabelecida em 2009 pela Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP) - uma organização intergovernamental, parceira oficial da UNESCO desde 2000, que reúne os povos que têm a língua portuguesa como um dos fundamentos da sua identidade específica - para celebrar a língua portuguesa e as culturas lusófonas. Em 2019, a 40ª sessão da Conferência Geral da UNESCO decidiu proclamar o dia 5 de Maio de cada ano como "Dia Mundial da Língua Portuguesa".

A língua portuguesa é não só uma das línguas mais difundidas no mundo, com mais de 265 milhões de falantes espalhados por todos os continentes, como é também a língua mais falada no hemisfério sul. O português continua a ser, hoje, uma das principais línguas de comunicação internacional, e uma língua com uma forte extensão geográfica, destinada a aumentar.   

Para festejar este dia podemos escutar uma das cantigas de mais sucesso em portugal nesta altura.

Barbara Tinoco. Sei Lá

 
Distribuir contido


by Dr. Radut