Skip to Content

ACREDITACIÓN DIXITAL PARA O ALUMNADO

 

A Consellería publicou instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado matriculado en 4º ESO e 2º BACH.

A acreditación ten dous niveis: Inicial e Intermedio. O nivel intermedio consta de 5 áreas. 

A acreditación terá unha validez de 5 anos.

O alumnado que supere 4º ESO no curso 23-24 recibirá de xeito automático o certificado inicial a final de curso.

O alumnado que supere 2º BACH no curso 23-24 recibirá de xeito automático o certificado das áreas 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio cando remate o curso.

Nos centros ofrecerase a posibilidade de presentarse a unha proba e así poder acadar certificación do seguinte xeito:

- Alumnado matriculado en 4º ESO: pode presentarse a unha proba de certificación do nivel intermedio completo. Se aproba obterá o certificado ComDix intermedio completo (áreas 1, 2, 3, 4 e 5)

- Alumnado matriuclado en 2º BACH: ten dúas opcións

  1. Preséntase a unha proba de certificación da área 4 do nivel intermedio. Se supera proba  e o 2º BACH recibirá ao final de curso o certificado ComDix de nivel Intermedio enteiro.
  2. Preséntase  a unha proba de certificación completa (áreas 1, 2, 3, 4 e 5) do nivel intermedio. Se supera a proba recibirá o certificado ComDix de nivel Intermedio completo.

Para poder realizar estas probas no centro debe solicitalas co modelo que se lles facilitará na secretaría do centro. Deberá entregarse cuberto antes do día 13 de marzo na secretaría do centro. 

Máis información aquí.

INFORMACIÓN ADMISIÓN

No taboleiro de administración do centro está publicada a listaxe co alumnado admitido no prazo de reserva dos centros adscritos.

 

O PRAZO DE ADMISIÓN ORDINARIA PARA O CURSO 2024-25  SERÁ do 1 ao 20 de marzo

 

 

 

PRAZAS VACANTES NO IES DE POIO:

 

Curso

Vacantes

1º ESO

41

2º ESO

19

3º ESO

32

4º ESO

29

 

Curso

Modalidade

Vacantes

1º BAC

Ciencias e Tecnoloxía

1

1º BAC

Humanidades e CCSS

25

2º BAC

Ciencias e Tecnoloxía

1

2º BAC

Humanidades e CCSS

0

MAIS INFORMACIÓN NESTA LIGAZÓN

 

 

 

Normativa relacionada

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2024

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 645 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024. Están dirixidas a alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.

O período de realización das actividades comprenderá dende a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2024, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto.

O prazo de presentación de solicitudes é dende o 13 de Febreiro ata o 12 de marzo (incluído)

 

Máis información na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

 

 

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

 

CALENDARIO

 

XANEIRO

Do 15 ao 5 de febreiro

Presentación de solicitudes de reserva nos centros adscritos

(CEIP Espedregada, CEIP Lourido, CEIP Plurilingüe Chancelas,

CEIP Plurilingüe Isidora Riestra, CEIP Viñas)

 

 

 

 

 

 

FEBREIRO

22 de febreiro

Publicación da listaxe de alumnado con posto reservado

28 de febreiro

Publicación de postos escolares vacantes

 

MARZO 

Do 1 ao 20

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN ORDINARIA

 

ABRIL 

25 de abril

Publicación das listaxes provisiónais do alumnado admitido e non admitido

 

26-27-28 de ABRIL 

2-3 de MAIO

Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais

 

MAIO 

15 maio

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido

 

Solicitudes presentadas fóra de prazo

Do 21 de marzo ao 25 de abril

 

Solicitudes extraordinarias

Do 28 de abril ao inicio de curso

 

Prazo para formalizar a matrícula o alumnado admitido

Do 23 de xuño ao 7 de xullo

 

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

PROGRAMA EDUMOB

 

O IES de Poio vai solicitar ser seleccionado no programa EDUMOB que convoca a Consellería de Educación. Para iso infórmase de que as actividades puntuables no baremo de selección de alumnado serán os seguintes:

ACTIVIDADE PUNTUACIÓN
MEMBRO/A CONSELLO ESCOLAR 0.25
DELEGADO 0.25
PARTICIPACIÓN CLUBE DE LECTURA 0,25
TEI - TITORÍA ENTRE IGUAIS 0,25
EXCELENCIA - FRANCÉS  0,25
SEMANA DA CIENCIA 0,25
EQUIPO DE IGUALDADE 0,25
ORGANIZACIÓN ACTIVIDADES DEPORTIVAS 0,25
ACTIVIDADES BENÉFICAS DO CENTRO 0,25

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Maís información na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/41625

 

Moita sorte ao alumnado participante!!

 

CALENDARIO MATERIAS PENDENTES CURSO 2023-2024

Adxúntanse os calendarios coas datas de entrega de traballos e realización de exames para o alumnado con algunha materia pendente 

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN CURSO 2023-2024

Achéganse os criterios de cualificación das diferentes materias por departamento.

A matería Ámbito Científico de 3º e 4º de PDC atópanse nos departamentos de Física e Química e de Matemáticas, respectivamente.

A materia Ámbito Sociolingüistico de 3º e 4º de PDC atópanse nos departamentos de Xeografía e Historia e no de Língua Galega, respectivamente. 

Distribuir contido


by Dr. Radut