portada30

Física e química

EXTRACTO DA PROGRAMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

Extracto da Programación Didáctica do Dpto de Física e Química.

Encontro co Premio Nobel Bernard L. Feringa

Alumnado de 4ºESO do noso centro participou, o día 7 de maio, nun encontro co científico neerlandés Ben FeringaPremio Nobede Química, 2016, celebrado no CIQUS da USC. 

Durante este encontro con estudantes de varios institutos de Galicia, o Profesor Feringa impartiu a charla ‘The art of building small: talking to a Nobel Prize Winner’ («A arte de construir en pequeno: charlando cun Premio Nobel»).

 

Encontro con Ben L. Faringa, Premio Nobel de Química 2016

O vindeiro 7 de maio, en horario de tarde, o alumnado de Química de 4º ESO terán un encontro con Ben L. Faringa, Premio Nobel de Química 2016.

Masterclass Física de partículas

O venres 5 de abril, alumnado de Física de 2º BAC do noso instituto participou na Masterclass de Física de Partículas 2019 organizada polo Instituto de Altas Enerxías e o Dpto de Física de Partículas da USC
Nunha xornada de de mañá e tarde, as alumnas e alumnos tiveron a oportunidade de se achegar á Física de Partículas, compartindo con outro alumnado de centros de toda Galicia actividades e tempos de debate.  Con datos reais do acelerador de partículas LHC do CERN (Xenebra-Suíza), durante unhas horas exerceron de físicas e físicos experimentais a través da detección de eventos reais, con técnicas semellantes a como se levan a cabo na Física de Partículas.
 
 
 
 

Hands on Physics- Masterclass

Alumnado de Física de 2º Bacharelato do noso centro participa o venres  5 de abril de 2015 na actividade "HANDS ON PHYSICS - MasterClass" organizada polo Departamento de Física de Partículas da Facultade de Física (USC), coordinada polo Departamento de Física e Química do IES de Sar.
 

 

Concurso "O meu elemento"

Alumnado de 3º ESO do noso centro participa no Concurso “O MEU ELEMENTO”.

 A Facultade de Ciencias do campus de Lugo da USC, a través da súa comisión de normalización lingüística, o grupo de innovación docente CienciaNosa e o Sistema de Normalización Lingüística da USC, convocan o concurso de vídeos ‘ O meu elemento’ para sumarse á celebración de 2019 como Ano Internacional do  Sistema Periódico, unha efeméride declarada polas Nacións Unidas co gallo do 150 aniversario da publicación por parte de Dimitri Mendeleev da súa táboa periódica dos elementos químicos.

Concurso " A táboa periódica de Galicia"

Alumnado de 3º ESO do noso centro participa no Concurso “A TÁBOA PERIÓDICA E GALICIA”.

O concurso ‘A táboa periódica e Galicia’ é unha iniciativa da Facultade de Química que busca divulgar entre o estudantado galego a relevancia dos distintos elementos químicos na vida diaria e que se inclúe no programa de actividades organizado polo centro universitario con motivo do Ano Internacional da Táboa Periódica dos Elementos Químicos.

https://xornal.usc.es/xornal/acontece/2019_02/noticia_0009.html 

Charla Día da Muller na Ciencia

Co gallo da celebración do DÍA DA MULLER NA CIENCIA, a investigadora en Fïsica de Partículas Miriam Lucio Martínez impartiu o xoves 14 de febreiro a charla "A miña experiencia como muller na ciencia".

Esta actividade foi organizada polos Dptos de FÍSICA E QUÍMICA, BIOLOXÍA e LINGUA GALEGA.

Para ver as imaxes máis grande, premer sobre elas

"A miña experiencia cómo muller na Ciencia"

 

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

11 de Febreiro promove a realización de actividades que, visibilizando o labor das científicas, conmemoren este día, fomenten vocacións científicas nas rapazas e axuden a pechar a brecha de xénero en ciencia.

A terceira edición da Iniciativa celébrase do 1 ao 15 de febreiro de 2019. Este ano acolle máis de 2.200 actividades que chegarán a unhas 130.000 persoas, o 90% celébranse en centros educativos. Máis de 900 persoas da comunidade científica, na súa maioría mulleres investigadoras, impartirán unhas 1900 charlas e talleres que chegarán a máis de 100.000 estudantes en 800 centros educativos. A estas charlas e talleres súmanse actividades organizadas polo persoal docente de moitos centros.

Este é o caso do noso Instituto que acolle unha charla no Salón de Actos o 14 de Febreiro, co gallo desta celebración. Está organizada polos Dptos de FÍSICA E QUÍMICA, BIOLOXÍA e LINGUA GALEGA

A MIÑA EXPERIENCIA COMO MULLER NA CIENCIA”. Charla impartida por

MIRIAM LUCIO MARTÍNEZ, INVESTIGADORA EN FÍSICA DE PARTÍC.ULAS FACULTADE DE FÍSICA (USC).

 14 de Febreiro de 2019 ás  12:45 a 13:40

O alumnado de 2º BAC de Ciencias visita o CIQUS

O día 21 de Novembro, o alumnado de 2º BAC do itinerario de Ciencias do IES de Sar participou na xornada "A investigación en Química. Ciencia creativa para un mundo mellor", organizada polo CIQUS da Universidade de Santiago.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer