portada30

Física e química

Concurso de Comunicación Científica

Unha alumna e un alumno do noso centro participan no Concurso de Comunicación Científica promovido polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), co gallo da Semana da Ciencia, 12 a 16 de novembro de 2018.

 

Cristina López Iribarnegaray e Anxo Sánchez Rouco, de 2º BAC (Ciencias), participarán o vindeiro 15 de Novembro na modalidade de Monólogos, en sesión que comezará as 18:15 na Aula Magna da Facultade de Física da USC.

"Avances en investigación química"

O vindeiro mércores 21 de novembro durante toda a mañá o alumnado de 2º Bacharelato C visitará a Facultade de Química-Ciqus-USC.

Fontán, o matemático da medida da comunicación en Galicia

Os departamentos de Física e Química, Lingua Galega e Bioloxía organizan unha charla impartida por  D. Elena Vázquez Cendón, Decana da Facultade de Matemáticas da USC para o alumnado de 4º ESO, 1º Bacharelato C, D e 2º Bacharelato c e D. Será no Salón de Actos do instituto o vindeiro 6 de novembro de 9:30 a 10.30.

Masterclass de Física

Alumnado de Física de 2º Bacharelato participa o venres  6 de abril de 2018 na actividade MasterClass coordinada polo Departamento de Física e Química do IES de Sar.

 
 


 

Álbum de fotos viaxe a Xenebra

Viaxe a Xenebra 2018

Visita a Xenebra

O alumnado do Bacharelato de Ciencias visitará, dende o martes 20 marzo ao venres 23 de marzo, a cidade suiza de Xenebra. Durante esta visita o alumnado irá o CERN (Centro Europea de Físca de Párticulas), ao Museo da Cruz Vermella e tamén a ONU (Organización das Nacións Unidas). Esta viaxe didáctica está organizada polo Departamento de Física  e Química e o alumnado estará acompañado polos profesores: Ramón Cid, Mª Teresa Ruiz e Pilar González.

Visita Ciqus

O venres 24 de novembro o alumnado de 2º Bacharelato C realizou unha visita didáctica á Facultade de Química e ao CIQUS  para participar na actividade "Avances en investigación química".

Ademais de recibir información sobre os estudos de Grao de Química, e visitar instalacións da propia Facultade, puideron realizar diversas experiencias nos laboratorios do CIQUS.

 

Visita Ciqus

"Avances en investigación química"

O venres 24 de novembro durante toda a mañá o alumnado de 2º Bacharelato C irán a Facultade de Química-CIQUS  para participar na actividade "Avances en investigación química". Estarán acompañados polo profesor Ramón Cid.

Conferencia no Día da Ciencia en galego

O día 3 de novembro , co gallo da celebración do "Día da Ciencia en galego" terá lugar no Salón de Actos do instituto a conferencia: "Loitando contra o glaucoma, unha ameaza silecenciosa para a nosa visión", impartida por Nery García Porta, Doutora en Ciencias da Visión (USC) e Marie Curie Fellow na Anglia Ruskin University-Cambridge (UK).

Está organizada polos departamentos de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía e Dinamización Lingüística

 

 

"Contas en Galego"

Desde o Dpto de Dinamización Lingüística e o Dpto de Física e Químca comezamos o curso facendo as "contas en galego". Tamén queremos dar a coñecer a homenaxe a Baltasar Merino no VIII Día da Ciencia en Galicia (2017)
 

 
 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer