Skip to Content

SECRETARÍA DO CENTRO. HORARIO DE ATENCIÓN NO TEMPO DE NADAL

HORARIO DE ATENCIÓN DA SECRETARÍA
DURANTE O NADAL

    Durante o período de Nadal a secretaría abrirá os días seguintes:

martes día 27 de decembro de 09:00 a 13:00 horas
xoves día 5 de xaneiro
de 09 a 13:00 horas

     Lembren que as solicitudes de certificacións débense facer a través desta mesma web (sección CERTIFICACIÓNS na icona lateral esquerda) e serán atendidas en prazos legais. Para outras consultas, poden utilizar o correo electrónico do centro.

FELIZ NADAL E ANINOVO!

Feliz nadal

 

BOLSAS CANADÁ 2023-24 DO CONCELLO DA CORUÑA

Bolsas

 

     O Servizo de Educación do Concello da Coruña, que ofertaba nestas datas anualmente bolsas de estudo de bacharelato en USA, mudou os seus convenios para ofertalas nesta ocasión para estudos en Canadá. Publícase no portal do Concello da Coruña, polo tanto, a convocatoria de axudas económicas para o alumnado de 4º de ESO que desexe estudar o primeiro curso do Bacharelato en Canadá no vindeiro ano académico.

    As bases da convocatoria poden ser consultadas e descargadas na páxina de Programas educativos do Concello. As solicitudes poderán presentarse entre o 9 e o 20 de xaneiro seguindo os pasos que se indican nas bases. Os requisitos: estar empadroado na provincia da Coruña, cursar 4º de ESO, ter acadada unha media en 3º de 6,5 puntos e de 7 na materia de inglés.

3º MOBILIDADE PROXECTO ERASMUS KA101: "Interactive ICT-based, digital and web tools for an effective blended, flipped and cooperative learning". ITALIA

 

Curso de formación en Roma
(Italia)

     Continúan as mobilidades dos nosos docentes dentro do programa Derrubando muros, que forma parte das Accións Clave de Erasmus+. Nesta ocasión trátase de Mercedes Pampín Barral, da especialidade de lingua castelá, que asistiu en Roma, do 28 de novembro ao 2 de decembro, ao curso "Interactive ICT-based, digital and web tools for an effective blended, flipped and cooperative learning". Alí tivo a posibilidade de achegarse a numerosas ferramentas, softwares e programas dixitais, básicos no ensino e na aprendizaxe do século XXI.

     Nestas fotografías podemos vela durante as sesións de formación co resto dos seus compañeiros, procedentes de Noruega, Croacia, Eslovenia, Francia, Grecia, Chipre e Polonia. Foi o momento tamén de intercambiar experiencias e opinións sobre os sistemas educativos de cada un destes países.

01a01aa01aaa

2ª MOBILIDADE PROXECTO ERASMUS KA101: "Education outside the classroom". CHIPRE

  Actividade de formación en  Limassol

(Chipre)

 

010203

       O pasado 25 de novembro retornou da súa formación na cidade chipriota de Limassol o docente do IES Plurilingüe Elviña Martíño Freire Pazos, do departamento de física e química.

     Esta foi a segunda mobilidade organizada polo centro este curso dentro do programa Derrubando muros ca finalidade de que o noso docente levara a cabo un curso sobre a educación fóra da aula e as aplicacións educativas das saídas didácticas (EDUCATION OUTSIDE THE CLASSROOM– Learning from sites, museums, monuments & nature, a cargo da organización EDU Culture).

      Nesta formación o noso compañeiro xunto cos seus compañeiros de distintos países da UE (Lituania, República Checa, Romanía...) levou a cabo unha formación activa sobre a temática comentada, así coma distintas saídas didácticas a distintas entornas naturais, arqueolóxicas e culturais onde puido ir poñendo en práctica os coñecementos e habilidades que foi adquirindo durante a propia formación.

ELECCIÓNS DE RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR (2)

CALENDARIO DAS ELECCIÓNS DE RENOVACIÓN
DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO


ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS MEMBROS
DO CONSELLO ESCOLAR

     De acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos [DOG do 30/09/2022], este mes de novembro convócanse eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares dos centros docentes de Galicia. As eleccións teñen por obxecto cubrir as prazas que quedan vacantes dentro do Consello escolar, que nesta ocasión son as seguintes:

a) 3 membros do profesorado
b) 1 membro dos representantes de alumnado
c) 1 membro dos representantes das familias [+ 1 no caso de que a ANPA non faga uso do seu dereito a contar cun representante]
d) 0 membros do persoal de administración e servizos


CALENDARIO ELECTORAL

Unha vez constituída a Xunta Electoral do centro o día 4 de novembro, queda aprobado pola mesma o calendario electoral que será de aplicación ao procedemento.

PROCEDEMENTODATASLUGAR E MODO
Publicación de censos provisionaisDo 4/11 a 11/11Na secretaría do centro
Reclamación a datos erróneos
nos censos provisionais
ata o 11/11Na secretaría do centro a través
do formulario correspondente
Presentación de candidaturas
aos distintos sectores
Do 4/11 a 
14/11 (10:00h)
Na secretaría do centro a través
do formulario correspondente
Sorteo para os membros das mesas
electorais de familias e alumnado
14/11En reunión da Xunta electoral
Proclamación de candidatos presentados14/11En reunión da Xunta electoral
Publicación no taboleiro do centro
Período de reclamación contra
as candidaturas
Do 14/11 a 16/11
(ata as 11:30)
Na secretaría do centro a través
do formulario correspondente
Resolución de reclamacións
contra as candidaturas
16/11En reunión da Xunta electoral
Publicación no taboleiro do centro
Campaña electoralDo 15/11 ao 23/11 
Xornada de votacións (alumnado)25/11 
Xornada de votacións (familias)29/11 (de 16:30 a
18:00 horas)
No salón de actos do centro
Xornada de votacións (docentes)28/11 
Proclamación de candidatos electos30/11En reunión da Xunta electoral
Publicación no taboleiro do centro
Distribuir contido


by Dr. Radut