Skip to Content

CONCURSO "CINEMA NA ESCOLA"

TALENTO CINEMATOGRÁFICO
NO IES ELVIÑA

    O alumnado de 3º ESO A, coa inestimable colaboración das profesoras Carla Rodríguez e Alba Lorenzo, adicaron parte do seu tempo a preparar a filmación da curtametraxe coa que o noso centro participa no Concurso "Cinema na escola" organizado pola Concellería de educación do Concello da Coruña. Aínda que é certo que o "adagio" di que o importante é participar, tratándose dun concurso e despois de todas as horas e esforzo adicados á causa, tamén viría ben gañar algo máis que honriña. Por iso -e para gozo e diversión dos curiosos e curiosas- deixamos aquí o enlace do video na canle oficial de YouTube dos organizadores. Desfrutade da película, que paga a pena.

ATENCIÓN: Un dos premios repartirase cos LIKES que o filme reciba do público en YouTube, así que xa sabedes: a votar polo talento elviñense, que ben o merece.

 

CONVERXENCIAS ARTE-CIENCIA

"Marcha" matemática con Juan Gris

Botella y libro     Agora que só quedan uns poucos días para o regreso do Día da Ciencia na Rúa, no que participará -entusiasta- o noso centro, o alumnado de matemáticas de 1º Bacharelato quenceu motores acudindo a unha nova exposición de converxencias entre as ciencias e as artes, nesta ocasión tomando coma referente pictórico a un dos maestros do cubismo analítico de principios do século XX, o pintor Juan Gris. A actividade "Converxencias, arte e ciencia: Juan Gris", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) permite ao alumnado estudar a relación da pintura coa matemática -máis no caso deste interesante movemento artístico de avangarda que establecía unha nova obxectividade na creación artísitica.
    O alumnado desfrutou da exposición interactiva traballando a obra deste pintor desde múltiples perspectivas científicas. Así, puido presenciar unha presentación animada sobre o método compositivo e o uso da cor por Juan Gris, unha exposición de reproducións da súa obra, a consulta de paneis interpretativos que poñen de manifesto as conexións coa ciencia das distintas obras obxecto de análise. Tamén puideron os alumnos e as alumnas contemplar versións de obras de arte dixital de Manuel Díaz impresas en 3D, así como a exposición de poliedros premiados no concurso Novos Poliedros do 2021 realizados por alumnado de varios centros educativos galegos.
    Ademais, o noso alumnado participou nunha serie de obradoiros destinados a afondar na parte expositiva da actividade, traballando cuestións tan fascinantes coma a simetría 2D e 3D, as ilusións ópticas, as espirais de Fibonacci ou a topoloxía. En fin, un festival de gozo matemático (e artístico, claro).
    Velaquí algunhas fotiños do evento, para deleite de propios e extraños.

010203
040510

PROBAS ABAU 2022

Calendario de 2º BACH ata as probas ABAU 2022

O alumnado de 2º de Bacharelato será avaliado o día 12 de maio. O alumnado que titule, dacordo coa lexislación vixente, terá aberto o prazo de prematrícula na secretaría do centro para as probas de selectividade (ABAU) entre o 20 e o 21 de maio. O procedemento será como o dos anteriores anos. Como sempre, toda a información sobre as probas está a disposición do alumnado e das familias no portal da CiUG (Comisión Interuniveristaria de Galicia). Un breve resumo das datas máis importantes ao respecto ofrécese nos seguintes cadros:

ABAU PROBA ORDINARIA
DATAPROCEDEMENTOLUGARRESPONSABLE
19 ao 23 de maioPrematrícula para as
probas ABAU 2022
Na secretaría do instituto e
a través de NERTA
Alumnado aspirante
24 e 25 de maioMatrícula para as
probas ABAU 2022
Nos LERDServizos administrativos
do instituto
7 ao 9 de xuñoRealización das
probas ABAU 2022

EU DE ENXEÑERÍA
DE CAMIÑOS (Campus Elviña)

Alumnado aspirante
16 de xuñoCualificacións
provisionais ABAU

NERTA

--
17-21 de xuñoSolicitude de
revisións

NERTA

Alumnado
23 de xuñoCualificacións
definitivas ABAU

NERTA

-- 

*      *      *

ABAU PROBA EXTRAORDINARIA
DATAPROCEDEMENTOLUGARRESPONSABLE
28-29 de xuñoPrematrícula para as probas
extraordinarias ABAU 2020
Na secretaría do institutoAlumnado aspirante
29 de xuñoMatrícula para as probas
extraordinarias ABAU 2020
Nos LERDServizos admnistrativos
do instituto
12 ao 14 de xulloRealización das probas
extraordinarias ABAU 2020
Por determinar

Alumnado aspirante

*      *      *

DOCUMENTACIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE PRESENTA Á PROBA

A. Resumo convocatoria: información básica sobre a convocatoria. Especialmente importante a información sobre material que o alumnado pode levar á proba (dicionarios, calculadoras...)

B. Procedemento de matrícula ABAU:

Instrucións de matrícula
Impreso de matrícula ABAU
Impreso de taxas de matrícula ABAU (pode xenerarse en NERTA)
Instrucións para o pago das taxas da ABAU con tarxeta de crédito a través de NERTA

C. Instrucións para o uso de NERTA

*      *      *

PAGO DAS TAXAS PARA A EXPEDICIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO

Todo o alumnado que titule en 2º Bacharelato deberá solicitar na secretaría do centro o Título de bacharel e proceder ao pagamento das taxas correspondentes a través dunha entidade bancaria asociada. A información de como facelo podedes atopala nos enlaces:

A. Instrucións para o pagamento das taxas do título de BACHAREL
B. Impreso baleiro de pagamento de taxas (premer en "Iniciar Tasa" e "Descargar modelo". O impreso tamén pode atoparse nas oficinas de ABANCA)
C. Información necesaria para cubrir os datos do impreso

*      *      *

MODIFICACIÓNS AO FORMATO DOS EXAMES DAS PROBAS ABAU

As modificacións establecidas para o curso 2020 manteranse nesta convocatoria. Estas modificacións descrébense na Resolución do 28 de abril de 2020 [DOG 6 de maio de 2020].

Parámetros de ponderación para o curso actual

 

 

O alumado do IES Elviña na Olimpiada Matemática

Logo AGAPEMAA semana pasada o IES foi un dos catorce centros da área da Coruña participantes na Olimpiada Matemática organizada por AGAPEMA. Destinada aos estudantes de 2º ESO, a Olimpiada Matemática é unha convocatoria anual para os máis apaixoados entusiastas de números e formas xeométricas. Aqueles que aceptan o desafío poñen a proba o seu inxenio fronte a problemas matemáticos de formidable dificultade, co énfase posto na valoración da orixinalidade e creatividade nas respostas, mesmo por riba da súa exactitude.

Na foto, os nosos oito fabulosos participantes na edición deste ano. Grazas por representarnos e sorte coa fase de zona!

 

Foto con diplomaFoto de grupo

ADMISIÓN (CURSO 2022-23)

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

Hoxe día 25 foron publicadas no taboleiro de anuncios de admisión as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2022-2023. As listaxes deben ser consultadas no interior do edificio ou a través da aplicación electrónica se os solicitantes dispoñen de certificado electrónico ou da chave 365.

Distribuir contido


by Dr. Radut