Skip to Content

PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓNS DE CUALIFICACIÓNS FINAIS

Avaliación e procedementos
de reclamación ás calificacións

Dacordo coa lexislación vixente (Orde do 2 de marzo de 2021, actualizada na Circular 1/2022 da Secretaría Xeral de Educación e FP), o alumnado ten dereito a reclamar aquelas cualificacións nas materias nas que teña algunha dúbida a través de tres procedementos, unha vez reciba os boletíns de cualificacións finais:

TIPOMEDIOLUGARRESPOSTAPRAZO

Solicitude de
aclaracións

Petición dirixida
ao profesor 
da materia

Secretaría
do instituto
Resposta oral polo
profesorado 
no mesmo día

Ata as 13:00 horas do
mesmo día

Reclamación ante
o centro 
de ensino
Instancia oficial dirixida
á dirección 
do centro
Secretaría
do instituto
Resposta fundamentada por
escrito da Xefatura do Dpto.
Durante os dous días
seguintes

Reclamación ante
a XT (inspección
)

Instancia dirixida á
XT (inspección)
Secretaría
do instituto
Resposta fundamentada
por 
escrito da XT

Dous días despois
da resposta á reclamación


Probas ABAU 2021

O alumnado de 2º de Bacharelato que aproba todas as materias terá aberto o prazo de prematrícula e matrícula para as probas de selectividade (ABAU). Como sempre, toda a información sobre as probas está a disposición do alumnado e das familias no portal da CiUG (Comisión Interuniveristaria de Galicia). Un breve resumo das datas máis importantes ao respecto ofrécese nos seguintes cadros:

ABAU PROBA ORDINARIA
DATAPROCEDEMENTOLUGARRESPONSABLE
19 ao 23 de maioPrematrícula para as
probas ABAU 2021
Na secretaría do institutoAlumnado aspirante
24 ao 25 de maioMatrícula para as
probas ABAU 2021
Nos LERDServizos administrativos
do instituto
7 ao 9 de xuñoRealización das
probas ABAU 2021
Campus de Elviña
Facultade de Dereito (Com. 10)
Alumnado aspirante

*      *      *

ABAU PROBA EXTRAORDINARIA
DATAPROCEDEMENTOLUGARRESPONSABLE
28 e 29 de xuñoPrematrícula para as probas
extraordinarias ABAU 2021
Na secretaría do institutoAlumnado aspirante
29 e 30 de xuñoMatrícula para as probas
extraordinarias ABAU 2021
Nos LERDServizos admnistrativos
do instituto
12 ao 14 de xulloRealización das probas
extraordinarias ABAU 2021
Campus de Elviña
Facultade de Informática
Alumnado aspirante

 

 

PREMIO PARA UN PROXECTO E-TWINING DO CENTRO

Selo de calidade eTwinning
para Pablo Cobas


2

    Que ninguén se sorprenda: de cando en vez chegan boas novas. Desta vez veulle un premio europeo ao noso excompañeiro e sempre amigo Pablo Cobas polo proxecto E-Twinning que desenvolveu o curso pasado. O seu excelente labor no deseño, desenvolvemento e posta en práctica do seu proxecto educativo titulado "O Camiño de Santiago: O camiño da tolerancia", fíxolle merecedor do Selo de Calidade eTwinning en recoñecemento á excelencia educativa. Desde o IES Plurilingüe Elviña sentímonos moi felices de compartir con toda a comunidade educativa o galardón recibido por Pablo.
     Como a filosofía dos proxectos eTwinning é a colaboración intercentros dentro da Unión Europea, o noso instituto aproveitou para facer as migas co IES Virxe do Mar de Noia, coa Escola Secondária Eça de Queirós de Varzim (Portugal), co IES León Felipe de Benavente, co Collège Robert Doisneau de Dammarie-lles-lys (Francia), co Collège Marcel Pagnol de Montpellier (Francia) e co Instituto Gustawa Morcinka de Tychy (Polonia). Boa mostra do interese alcanzado polo proxecto, e exemplo do esforzo na pescuda do noso obxectivo de colaborar coa comunidade educativa europea e de internacionalizar o labor de ensino no centro.
   O proxecto desenvolveuse no IES Elviña na segunda parte do curso 20-21 durante varias semanas, e supuxo para todos nós un punto de partida no noso propósito de sacar progresivamente o ensino das aulas e de derrubar todo muro.
   Este ano Pablo desenvolve o seu labor profesional noutro centro (e que sorte teñen!), pero atopou un espazo na súa apretada axenda para facernos unha visita. Foi o 24 de marzo de 2022, que aproveitou para repartir entre o alumnado de 4º de ESO, que o ano pasado cursou 3º e que participou no proxecto, unha serie de agasallos remitidos polo servizo nacional de eTwinning (unhas prácticas bolsas ecolóxicas de tea e unhas caixiñas portamáscaras). Unha alegría para todos a súa presenza outra vez connosco, aínda que fose só por unha breve xornada.

    Parabéns, Pablo, e unha forte aperta
desde a IES Elviña!

134

PROBAS DE PENDENTES (CURSO 21-22)

CALENDARIO DE PROBAS EXTRAORDINARIAS
PARA MATERIAS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES

*     *     *

ALUMNADO DE 2º BACH. CON MATERIAS PENDENTES
DE 1º BACH [DESCARGAR]

DÍAHORAMATERIAAULA
MARTES 19
DE ABRIL
17:00

FÍSICA E QUÍMICA/LATÍN I
L. CASTELÁ I/ L. GALEGA I

Aula propia
MÉRCORES 20
DE ABRIL
17:00INGLÉSAula propia
XOVES 21
DE ABRIL
17:00MATEMÁTICAS I
MATEMÁTICAS CCSS I
Aula propia



ALUMNADO DE ESO CON MATERIAS PENDENTES
DOS CURSOS ANTERIORES [DESCARGAR]

DÍAHORAMATERIANIVELAULA
LUNS
9 DE MAIO
17:00INGLÉS/TECNOLOXÍAESOPor determinar
18:00BIOeXEO/ ED. FINANC.ESOPor determinar
MARTES
10 DE MAIO
17:00L. CASTELÁESOPor determinar
18:00MATEMÁTICASESOPor determinar
MÉRCORES
11 DE MAIO
17:00XEOG. E HªESOPor determinar
18:00L. GALEGAESOPor determinar
XOVES
12 DE MAIO
17.00ED. PLÁSTICAESOPor determinar
18:00FÍSICA E QUÍMICAESOPor determinar
MÉRCORES
18 DE MAIO
17:00MÚSICA/ ED. FÍSICA
FRANCÉS/ VAL. ÉTICOS
ESOPor determinar

BOLSAS MEC PARA O CURSO 2022-2023


AMPLIADO O PRAZO DE PRESENTACIÓN ATA AS
24:00 HORAS DO 16 DE MAIO

 

 

BECAS MEC

Universitarios

PUBLICACIÓN DE PRAZO DE SOLICITUDES
DE BOLSAS MEC PARA O CURSO 2022-23

     O pasado día 10 de marzo foi publicada no BOE a nova convocatoria de bolsas e axudas de carácter xeral para alumnado de estudos postobrigatorios no curso 2022-2023. Cómpre destacar que, a diferencia doutros anos, alteráronse nesta ocasión as datas dos prazos habituais.

    O prazo para presentación de solicitudes irá nesta ocasión desde o 30 de marzo ata o 12 de maio, ambas datas incluídas. A presentación de solicitudes debe facerse a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

 

Enlaces de interese relacionados coas Bolsas MEC 22-23 (pódese consultar tamén toda a información a través do Blog da orientadora do centro)

 

FIN DO PERÍODO DE ADMISIÓN

ADMISIÓN PARA O CURSO 2022-2023
FINALIZACIÓN DO PERÍODO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Rematado o período de admisión e rexistradas xa na secretaría do centro todas as solicitudes válidas presentadas neste período informamos aos interesados que:

 

  • en 1º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión NON FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES, polo que NON SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS

 

  • en 2º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES, polo que SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS. Contodo, lémbrase que ao ter vacantes 0 todas as admisións presentadas quedarán NON ADMITIDAS.

 

  • en 3º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES, polo que SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS. Contodo, lémbrase que ao ter vacantes 0 todas as admisións presentadas quedarán NON ADMITIDAS.

 

  • en 4º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión NON FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES, polo que NON SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.

 

  • en 1º e 2º de BACHARELATO o número de solicitudes presentadas en admisión NON FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES, polo que NON SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.

 

DOCUMENTACIÓN PARA A BAREMACIÓN: aqueles solicitantes que deixasen sen presentar a documentación para a baremación, deberán entregala na secretaría do centro entre o 24 de marzo e o 6 de abril

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS: as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos serán publicadas o día 25 de abril, de acordo coas indicacións da lexislación de admisión

Distribuir contido


by Dr. Radut